FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” : CERDEDO FS – O ESTEO FS (1-7)

74

Clara vitoria do Esteo na pista do Cerdedo (1-7). Medio cento de espectadores no polideportivo municipal de Cerdedo (Pontevedra).
O Esteo suma a quinta vitoria da temporada de cinco posibles, o que lle permite ocupar a segunda posición a dous puntos do líder, pero con dous partidos menos, o correspondente á xornada de descanso e o aprazado da pasada semana. En canto ó partido, dicir que foi de dominado de principio a fin polos ponteses, que xa ó descanso gañaban por 0-3. Rubi, con catro goles e Noé, con tres, foron os autores dos tantos do Esteo.


En canto ó outro representante da comarca, o Unidade de Fene, perdeu en Fisterra por 6-4.
CERDEDO FS: Besteiro, Santi, Marcos, Javi, Iván –cinco inicial- Álex, Torres, Sergio e Fabián-
O ESTEO FS: Ito, Jaime, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Gerardo, Anxo e Roi.
ÁRBITROS: Sabugo Sousa e Comesaña Goberna. Amoestaron a Besteiro e Gerardo.
GOLES: Min. 3 (0-1), Rubi. Min. 14 (0-2), Noé. Min. 17 (0-3), Noé. Min. 22 (0-4), Rubi. Min. 23 (0-5), Rubi. Min. 25 (0-6), Noé. Min. 31 (1-6), Iván. Min. 39 (1-7), Rubi.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios