A asociación micolóxica Sendeiriña gaña un premio na Feira de Cogomelos de As Pontes

56

[La Voz de Galcia] A Asociación Micolóxica Sendeiriña Nicraria Tamara, do Val de Barcala, obtivo o terceiro premio no Concurso de Cestas de Cogomelos da vixésima Feira de Fungos e Cogomelos de As Pontes, celebrada o pasado domingo nesta localidade coruñesa.


Das tres cestas presentadas ao concurso, sinalan que a premiada podería titularse Pequenas miniaturas do monte, algo que, segundo os seis membros de Sendeiriña participantes na feira pontesa, puido determinar que o xurado lles incluíra entre os premiados.
Din que había cinco especies que non había no resto da feira, algunha delas realmente «diminuta», como un pequeno Marasmius rotula, nacendo enriba dun anaquiño de madeira, xusto enriba dunhas Aleurias (de cor naranxa). Trátase dun cogomelo moi delicado polo seu tamaño, e que incluso tivérono que levar con moito «coidadiño» para que chegara ata As Pontes intacta.
A cesta premiada da asociación micolóxica de Negreira tamén contiña exemplares de Cyatus striatus, Coltricia perennis, unha Entoloma de cor gris azulado e incluso un Phallus impudicus que estivo durante toda a feira pechado e abriuse durante o camiño de volta. O Concello de Negreira proxecta un novo curso de micoloxía do 11 ao 14 de novembro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios