CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

60

Xornada negativa para os equipos do CD As Pontes, pois dos oito partidos disputados esta fin de semana, tanto no Poboado como fóra, o resultado foi máis ben pobre, sen ningunha vitoria, catro empates e outras tantas derrotas. Tres foron os partidos aprazados.
aspontes_01.jpg


PREFERENTE: O conxunto da preferente autonómica non foi quen de marcar algún gol na súa saída a Boiro. O resultado final de 0-0 di o que aconteceu no campo de Barraña, moito centrocampismo e poucas ocasións de gol. En catorce enfrontamentos rexistrados no campo boirense o conxunto das Pontes tan só gañou en tres ocasións (1985/86, 1986/87 en Terceira División, e en 2004/05, na Rexional Preferente) e empatou en dúas (2007/08 e 2009/10). Logo deste resultado o As Pontes baixa ó quinto posto a oito puntos do líder Betanzos.
XUVENIL: Quen deu un paso atrás foi o cadro xuvenil da liga nacional, que nesta xornada tiña unha boa ocasión de iniciar a súa recuperación diante do colista Calasanz despois da súa vitoria na Coruña perante o Montañeros. O equipo que adestra Carballo tivo que remontar un 0-1 con goles de Cañizares, de penalti, e Borja, resultado co que se chegou ó descanso. Pero, os coruñeses xogando cun menos dende o minuto 37, empataron o partido ó comezo da segunda parte. Ali puxo o 3-2 no minuto 55, pero uns minutos despois o Calasanz empataba de novo, resultado que ó final foi o definitivo (3-3). Xogaron polo As Pontes: Marcos, Antón, Carlos, Toti, Juan, Junior, Abeás, Cañizares, Borja, Ali e Cristian. No segundo tempo entraron Mourin, Kilian e Fernando. Pola súa banda, o xuvenil B perdía no Val por un axustado 3-2.
FEMININO: En canto ó conxunto feminino, que milita na segunda autonómica, non soubo aproveitar a súa superioridade numérica diante do Santa Minia Brión e ó final tivo que conformarse, e grazas, cun empate a tres goles. O equipo de Brión acudiu ó campo do Poboado sen adestrador nin delegado e con só nove xogadoras. Pese a todo, as brionesas non se pecharon atrás, senón que durante todo o partido buscaron a vitoria e na segunda parte cun bonito e efectivo xogo dominaron a un As Pontes que apenas inquietou a portería visitante, agás en contadas ocasións como o gol de Patri, tanto que poñía un esperanzador 3-2 para as pontesas, pero Silvia, a mellor do cadro brionés, sentenciaba un xusto empate a 3-3 a dous minutos do final. No primeiro tempo marcou Paty en dúas ocasións e na segunda parte empataron para o Brión Silvia e Roibás. Excelente actuación de Leti, que, coas súas intervencións e deter un penalti, salvou ó seu equipo dunha derrota.
ALEVÍN: Derrota na categoría alevín. O conxunto A caía no Poboado por un contundente 1-5 diante do Ortigueira. Un As Pontes A que asemella boas maneiras, pero que non lle acompañan os resultados. Raquel foi a autora do gol pontés. Pola súa banda, o equipo B perdeu en Cedeira por 3-1, sendo Josiño o autor do gol dos ponteses.
BENXAMÍN E PREBENXAMÍN: O benxamín B logrou un importante empate a un gol en Caranza, mentres que ó conxunto A correspondeulle descansar. Os dous equipos figuran na metade da clasificación dos seus respectivos grupos. Finalmente, na categoría prebenxamín só xogou o equipo A, que perdeu en Ferrol diante do Ánimas por 7-1.
PARTIDOS APRAZADOS: Por enfermidade dos equipos contrarios, presumiblemente por aplicación do protocolo da gripe A, foron aprazados os encontros que os cadetes e infantís disputaban en Ortigueira, así como o do prebenxamin B, que lle correspondía xogar no Poboado co Galicia de Caranza.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: CD BOIRO – CD AS PONTES (0-0)
XUVENIL NACIONAL: CD AS PONTES – CD CALASANZ (3-3)
XUVENIL COMARCAL: SD O VAL – CD AS PONTES (3-2)
FEMININO: CD AS PONTES – SANTA MINIA BRIÓN (3-3)
CADETE: FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES (aprazado)
INFANTIL: FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES (aprazado)
ALEVIN A: CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA (1-5)
ALEVIN B: CEDEIRA SD – CD AS PONTES (3-2)
BENXAMIN A: Descansou
BENXAMIN B: GALICIA CARANZA – CD AS PONTES (1-1)
PREBENXAMIN A: SD ÁNIMAS – CD AS PONTES (7-1)
PREBENXAMIN B: CD AS PONTES – GALICIA CARANZA (aprazado)
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios