FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” – CASAS P.BRULAK – O ESTEO (8-2)

40

Primeira derrota (8-2) do Esteo na casa do líder, Casas Pinturas Brulak, de Outeiro de Rei. Un cento de espectadores do polideportivo municipal.
Non tivo o seu día o Esteo no seu compromiso diante do líder. Se a elo lle engadimos ó mal estado da pista de cemento do polideportivo, á que non souberon adaptarse os ponteses e si os compoñentes do cadro local que están acostumados a xogar nela. A primeira parte foi de dominio local, pero o marcador non se moveu. Comezou a segunda parte cunha boa ocasión para o Esteo. Sen embargo, foi un espellismo, xa que a partir de aí comezou o festival de goles dos lugueses, e aínda que houbo unha tímida reacción pontesa cos goles de Noé, os locais marcaron catro tantos máis ata o definitivo 8-2, un resultado que supón un traspés para as aspiracións dos ponteses, que na vindeira xornada reciben ó Boston Ourense.


CASAS P. BRULAK: Rubén, Arcadio, Cancio, Cabanas, Recende –cinco inicial- Kini, Lobeiras, Carlitos, César e Álvaro.
O ESTEO FS: Ito, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Jaime, Anxo e Pellón.
ÁRBITROS: Gómez Arias e Corral Martínez (Lugo). Amoestaron a Carlitos, Fran e Anxo.
GOLES: Min. 22 (1-0), Arcadio. Min. 23 (2-0), Arcadio. Min. 25 (3-0), Carlitos. Min. 26 (4-0), Carlitos. Min. 30 (4-1), Noé. Min. 31 (4-2), Noé. Min. 34 (5-2), Cancio. Min. 35 (6-2), Cancio. Min. 38 (7-2), Lobeiras. Min. 39 (8-2), Kini (DP).
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios