AS PONTES RENDIU HOMENAXE Á BANDA MUSICAL DE RIBADEUME E ÓS SEUS FUNDADORES

167

Este sábado, 14 de novembro, celebrouse na parroquia pontesa de Ribadeume un máis que merecido homenaxe á súa Banda Musical con motivo do centenario da súa fundación, así como ós seus fundadores.
Ó acto asistiron máis de cen persoas en representación das diversas asociacións culturais e musicais do concello, o alcalde e membros da corporación municipal, antigos alumnos e discípulos desta xa histórica banda de música, músicos e familiares dos homenaxeados, ademais dos lugareños desta parroquia que ten tras súa unha longa e gran tradición musical. Tamén estaban convidados os alcaldes de Aranga, lugar de nacemento do cura Juan Vázquez, e o da Capela, xa que por aquel entón a parroquia de Ribadeume pertencía ó concello da Capela.
Banda_de_ribadeume_001.jpg


Esta histórica Banda Musical de Ribadeume foi fundada polo párroco desta parroquia, JUAN VÁZQUEZ VÁZQUEZ. Un cura nado no veciño concello de Aranga (1873) e que durante medio século, de1906 a 1956, foi párroco de Ribadeume e Bermui. Os seus fregueses lémbrano como unha boa persoa, de carácter firme e que aprendeu a moitos veciños a música, fundando unha banda alá polo ano 1909 e que se mantivo ata 1943, séndolle concedido o título de Banda Municipal da Capela en sesión plenaria celebrada o 11 de marzo de 1928.
Juan Vázquez foi o primeiro director desta banda de música que chegou a contar con máis de vinte músicos procedentes de distintos lugares desta comarca do Eume. Foi substituído na dirección polo mestre DOMINGO ANTONIO PICO BLANCO, nado en Ribadeume en 1895 e falecido na Coruña en 1985. Persoa tamén moi apreciada polos veciños, contaba con once anos cando chegou á parroquia Juan Vázquez, sendo un alumno moi avantaxado na música, polo que co paso dos anos sucedeu ó seu mestre, don Juan, o cura de Ribadeume. Acadou o título de mestre de primeira ensinanza en 1918, concedido naquela época polo entón rei de España Alfonso XIII. Foi mestre de Piñeiro e Ribadeume “e fixo a partitura do himno das Pontes, cuxa letra é de Francisco Cabo Pastor, que foi médico da localidade”.
Comezou este bonito e emotivo acto cun discurso do presidente da asociación veciñal de Ribadeume e Bermui, Abelardo Pena Permuy, quen, en relación á festividade de Santa Icía que tódolos anos se celebra nas Pontes, dixo: “Observamos que cando se fala de posibles homenaxeados sempre aparece o nome de alguén destas parroquias de Bermui e Ribadeume. Non podía ser por casualidade, tiña que haber algún motivo e decatámonos que tiña que ser polo traballo desenrolado por dúas persoas destacadas no século pasado, o cura don Juan Vázquez Vázquez e o mestre don Domingo Antonio Pico Blanco. Baixo a batuta destes dous personaxes creouse unha verdadeira escola de músicos chegando a fundarse a Banda Musical de Ribadeume…Dela saíron profesionais que traballaron en orquestras e grupos por toda a xeografía galega e incluso no estranxeiro, algúns aínda en activo como Pedro Cupeiro ou Andrés Gómez, outros ata hai ben pouco, como Olegario e Aurelio….”
Despois tomou a palabra o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, quen loou o traballo que se fai nas Pontes a prol da música. De seguido procedeuse á inauguración do monumento adicado á Banda de Ribadeume e ós seus fundadores, situado na praza da igrexa. Con anterioridade houbo unha actuación a cargo do grupo infantil de baile tradicional da Asociación Alende e da banda de música de As Pontes.
Finalizado este acto os asistentes trasladáronse á sala do Mercado Vello, para inaugurar a exposición fotográfica da historia musical destas parroquias, recollida por Ovidio Pazos, un pontés amante da música e da súa historia nesta comarca.
Ribadeume, 14 de Novembro de 2009 (AF)
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume
Banda de Ribadeume

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios