Derbi na familia Rochela

42

Este vindeiro fin de semana será moi especial para a familia Rochela Calvo, pois os dous irmáns, Javier (4-3-1986) e David (19-2-1990) veranse as caras por primeira vez nun terreo de xogo fronte a fronte, será este domingo no campo de Abegondo.
DavidRochela_JavierRochela.jpg


Os dous acuden á cita en diferentes circunstancias, pois mentres o Deportivo B está instalado na zona alta, en 2ª posición a dous puntos do líder Cerceda, o Bergantiños está situado na 13ª plaza, a cinco puntos do descenso. Si ben é certo que o Fabril ven de perder o liderato precisamente contra o Cerceda, e pola súa parte o Bergantiños sumou tres importantísimos puntos en casa ante o Negreira.
Javier Rochela formouse no Endesa de As Pontes, equipo no que xogou de 1995 a 2003, e co que conseguiu, en categoría Alevín, a Liga de Ferrol en 1996 e o doblete Liga e Copa en 1998, tamén gañou as Ligas Infantís de 1999 e 2000. Na tempada 2003-2004 ficha polo Montañeros xuvenil e ese ano coincide con Adrián Lopez como parella de centrais na selección galega sub18. Ó ano seguinte é fichado polo Sporting de Xixón para o equipo de División de Honra Xuvenil, co que consigue brillantemente o subcampionato de Liga e Copa Española ó perder en ambos casos contra o FC Barcelona, 3-1 e 2-0. Logo sube ó equipo filial do Sporting no que xoga tres tempadas acadando o ascenso a 2ªB na tempada 2007-2008, ano no que retorna a Galicia, primeiro voltando ó Montañeros e agora no Bergantiños. Nos seus anos mozos tamén foi campión galego de tetrathlón.
O pequeno dos Rochela, David, tamén se formou no Endesa de As Pontes, no que xogou desde 1999 ata o 2003, ano no que ficha polo Deportivo, co equipo da súa terra natal logra a Liga de Ferrol Alevín en 2002 e Copa no 2001 e 2002. David xogou en tódalas selección galegas (sub12, sub14, sub16 e sub18) e na selección española desde sub15 ata sub19. O seu maior logro foi a medalla de ouro no Campionato de Europa Sub17 disputado en maio do 2007 en Bélxica e a medalla de prata no Mundial da mesma categoría disputado catro meses máis tarde en Corea do Sur, torneos nos que David xoga tódolos partidos e é o único futbolista da selección que disputa tódolos minutos. Este ano tamén foi titular indiscutible coa selección española que xogou a Fase Final do Europeo Sub19 en Ucraina. Actualmente está no Deportivo B, con vistas a dar o salto ó primeiro equipo a tempada que ven si antes non o ficha algún dos múltiples clubs que andan interesados en el.
Hai unhas semanas tamén se deu a curiosa circunstancia do enfrontamento entre outros dous irmáns ponteses, Adrián e Elmer Bouza Campello (foto cortesía Narón Balompé), un no Narón e o outro no Bergantiños.
Elmer_Adrian.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios