Os alumnos do Conservatorio das Pontes actúan na gardería e nun concerto solidario no Alovi

35

[Diario de Ferrol] Os actos que as asociacións musicais das Pontes organizan para celebrar a festividade de Santa Icía contan hoxe cos alumnos do Conservatorio como protagonistas. Pola mañá desprazaranse á gardería municipal para ofrecerlle un concerto ós bebés, nun acto organizado pola Asociación de Pais e polo propio centro educativo. Xa á tarde, ás 18.30 horas, tocarán nun concerto solidario en favor dos nenos de costa de Marfil. Esta iniciativa forma parte do programa “Dala nota pola solidariedade” que promove a organización Save the Children.


As actividades desta semana continúan mañá cunha actividade para escolares no pavillón deportivo, na que o grupo Pesdelán ensinará ós rapaces a cantar e a bailar. Ás sete da tarde, no salón de baile do centro social da Terceira Idade, Muxarega actuará nun concerto adicado ós colectivos Xanela e Aspanaes e ós talleres sociais de Cáritas. A programación, que se prolonga ata o día 29, continuará o venres cunha cea-baile en Casa Peizás.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios