PRIMEIRA ESTATAL. FENDETESTAS 12 COWPER OVIEDO 24.

52

O Fendetestas malogrou outra ocasión de estrear o seu casilleiro en liga estatal, e caeu por 12- 24 diante do Cowper de Ovieu. Malia seren conscientes da importancia do choque, os locais comezaron fríos, quizais sen saber xestionar esa presión.
Deste xeito fallaron xa no primeiro obxectivo de romper axiña o partido para obrigar a que se xogase a un forte ritmo.
Fendetestas


Os ovetenses, moi cómodos co dominio en todas as fases do xogo pechaban ben o balón, e apenas abrían o oval gañando metros ata que tiñan que buscar a touche onde os verdes sufriron como non estaban afeitos.
As ausencias de Rafa e Gallardo deixaron sen homes específicos para esta sorte ós ponteses, que non acadaron o punto de coordenación nos lanzamentos, mentres na melé fallou tamén un paquete no que tamén había moitos trocos.
O Cowper, moi ordeado e equilibrado, e sobre todo coa súa dianteira excelentemente acoplada, limitouse a explotar os numerosos erros do Fendetestas para poñerse con dous ensaios por diante en tan só un cuarto de hora.
Nunha das escasas ocasións en que se montou axiña unha contra os de As Pontes puideron ver que a reorganización dos asturianos non era tal se o oval se movía con rapidez, e logo dunha espectacular carreira de Álvaro metíanse no partido.
O que pasa é que regalarlle 20 minutos de posesión a calquier equipo deste nivel é mortal, e o Cowper soubo administrar a súa vantaxe para, cun ensaio máis, irse cun 17- 5 ó descanso.
Nos escasos balóns que chegaran en aberto á liña local, esta demostrara perigo cada vez que gozaba dun oval en boas condicións.
Na segunda parte tentouse facer chegar eses balóns, pero seguíu a costar moito facerse coa posesión, coa rémora da inferioridade manifesta nas fases estáticas, e anque o xogo equilibrouse, o equipo visitante volveu aproveitar un agrupamento partindo de touche para facer unha nova marca que lle daba o bonus e sentenciaba o partido.
Ahí saíua agarra dun Fendetestas que reaccionou demasiado tarde, e con outro balón en apoio na tres cuartos, levándoo ata o fondo da liña facían o segundo ensaio, desta vez por medio de Manolo.
A derrota deixa ó Fendetestas no fondo da táboa, sen puntuar, e vendo como o seu, ata o domingo, rival directo sumaba outros cinco puntos, e a só un partido de rematar a primeira volta.
Como punto posititvo salientar a volta de Manolo despois dun ano e de Álvaro, logo de catro meses, pois dase a casualidade de que foron os autores dos dous ensaios.
Xogaron Paco, Nico, Peque, Andrés, Rayito, Moeche, Ñapas, Fran, Alvarito, Flecha, Toño, Antón, Miguel, Huesy, e Álvaro. Logo entraron tamén Tito, Marcos, Manolo, Moncho, Kiko, Carrete, e Barbas.
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Fendetestas
Nova cortesía Xose Cendán e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios