FOLIADA DE NOVEMBRO 2009

40

A Foliada de este mes será o derradeiro acto incluído dentro da programación de Santa Icía (patrona dos músicos). As agrupacións musicais da Vila son quen organizan cada ano unha serie de festivais, concertos e tamén unha cea baile. Ademáis cada ano réndeselle unha homenaxe a algún personaxe destacado na música. Este ano recibe dito homenaxe a Banda de Música de Ribadeume con motivo do centenario da súa fundación, así como ós seus fundadores: o Cura (Juan Vázquez) e o Mestre (Antonio Pico Blanco).
Na Foliada temos estreo dun novo Grupo tradicional “made in As Pontes” CANAVELLA así se chaman. Aínda que a formación e nova, os seus compoñentes forman ou formaron parte doutros grupos, polo cal a calidade está garantida. Dende a organización das Foliadas desexamóslles moita sorte na súa nova andaina gaiteira.
A continuación estarán os incombustibles BRISAS DA CROA (Ladrido), son os máis festeiros de todo o Ortegal, ¡teñen casta mariñeira!. Esta será a súa terceira visita que nos fan e seguro que volverán a revolucionar o galiñeiro.
foliada.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios