FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” – LA CREMA – O ESTEO FS (3-5)

50

Vitoria do Esteo en Negreira diante do CD La Crema (3-5). Un pouco máis de medio cento de espectadores no pavillón municipal nicrariense.
O Esteo logrou tres importantes puntos a domicilio diante do La Crema. A primeira parte foi de dominio alterno e con ocasións para os dous equipos. Ignacio e José marcarían para os locais e Rubi foi o autor do gol dos ponteses, resultado co que se chegaría ó descanso. No segundo tempo o control do partido para o Esteo, marcando catro goles logo de que os locais lograran adiantarse de novo no marcador. Tras este resultado o Esteo sitúase na terceira posición con 22 puntos e dous partidos menos. O sábado recibe ó Fisterra e o martes, 8 de decembro, ó Bueu en partido que fora aprazado polo mal estado do pista. Os dous encontros comezarán ás seis da tarde (18,00).


CS LA CREMA: Roberto, ángel, Ricardo, Ignació, José Manuel–cinco inicial-Carlos, Mario, Adrián, José e Iván.
O ESTEO FS: Ito, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Anxo, Jaime, Davi e Pellón.
ÁRBITROS: Santomil Lapido e Rendo Santos. Amoestaron a Roberto, Ángel, José Manuel e Javichu.
GOLES: Min. 3 (1-0), Ignacio. Min. 3’14” (1-1), Rubi. Min. 16 (2-1), José. Min. 25 (2-2), Rubi. Min. 29 (3-2), Carlos. Min. 35 (3-3), Pellón. Min. 36 (3-4), Rubí. Min. 38 (3-5), Pellón.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios