CLUB DEPORTIVO AS PONTES RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

60

Vitoria moi traballada do As Pontes diante dun correoso Flavia que lle complicou a vida ó longo dos noventa minutos. Os ponteses, a pesar do seu dominio no segundo tempo, non resolveron ata os minutos finais con dous goles de Bossa. Antes marcaron Parada ós oito minutos e Pablo que empataba a dous tantos no minuto 58 de partido.
Este martes xoga en Oleiros diante do novo líder, Dorneda, en partido da novena xornada que fora aprazado por un socavón preto do terreo de xogo.
futbol_cd_aspontes_01.jpg


CD AS PONTES FEMININO: Xoga este martes no Poboado (16,15) diante do Atlético Balouta, de Lalín. Lembrar que na primeira volta as pontesas gañaran no campo de Muimenta por 1-2.
CD AS PONTES XUVENIL: Outra difícil saída do equipo da liga nacional na casa do RC Deportivo B. Os coruñeses gañaron por un claro 6-2. Na próxima xornada o equipo que adestra Carballo recibe no Poboado ó quinto clasificado, o Calasancio, de Monforte de Lemos
En canto ó equipo B, segunda vitoria consecutiva. Venceu no campo do Racing San Pedro (2-3) e ocupa o décimo posto con 15 puntos.
CD AS PONTES CADETE: Vitoria contundente do conxunto cadete diante do Aspirantes de Ferrol (9-0). Marcaron Tini (2), Sergio Criado (2), Juan (2), Luis, Álex e Galego.
Este luns enfrontouse en San Claudio ó Ortigueira en partido aprazado. O As Pontes venceu 0-2 con goles de Juan e Álex. Ocupa a cuarta posición con 25 puntos, a oito do líder Galicia de Caranza.
CD AS PONTES INFANTIL: Traballada pero merecida vitoria do As Pontes infantil perante un difícil rival como o Eume Deportivo. O resultado final foi de 4-1 a prol dos de Rebolo, con goles de Diego (2), Nahúm e David Rey.
Este luns xogou en San Claudio diante do Ortigueira en partido que aprazado no seu día por enfermidade dos xogadores ortigueireses. Gañaron os ponteses pola mínima (1-2), aínda que tiveron ocasións para traer un marcador máis amplo. Diego Filgueiras e Enrique marcaron para o As Pontes.
CD AS PONTES ALEVÍN: Vitoria clara no Poboado, a segunda consecutiva, do As Pontes A diante do Racing de Ferrol E (7-0), con goles de Jose (3), Álex, Raquel (foto), Iván e Dani. O alevín B perdeu en Ferrol diante do Racing A por 7-5.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Triunfo do conxunto A no Poboado perante o San Sadurniño (5-2). Marcaron Bruno (2), Sergio e Alberte. Derrota na casa, ante o Cariño (2-6), do cadro B, equipo que por enfermidade só puido convocar a sete xogadores. Marcaron Dani e Alejandro.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Nesta categoría dobre enfrontamento Narón-As Pontes. No Poboado xogaron os equipos B con vitoria clara do Narón (0-11) e en Narón os conxuntos A con triunfo do As Pontes por 0-5, con goles de Antonio Silvent, Xoel Pena, Xabier Gabeiras e Vicente.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: CD AS PONTES – FLAVIA SD (4-2)
PREFERENTE: CD DORNEDA – CD AS PONTES (martes 8 -16,30- en Oleiros)
XUVENIL NACIONAL: RC DEPORTIVO B – CD AS PONTES (6-2)
XUVENIL COMARCAL: RACING SAN PEDRO – CD AS PONTES (2-3)
FEMININO: CD AS PONTES – ATLÉTICO BALOUTA (martes 8, 16,15, no Poboado)
CADETE: CD AS PONTES – ASPIRANTES (9-0)
CADETE: FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES (0-2)
INFANTIL: CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (4-1)
INFANTIL: FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES (1-2)
ALEVIN A: CD AS PONTES – RACING FERROL E (7-0)
ALEVIN B: RACING FERROL – CD AS PONTES (7-5)
BENXAMIN A: CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO (5-2)
BENXAMIN B: CD AS PONTES – CD CARIÑO(2-6)
PREBENXAMIN A: NARÓN BP A – CD AS PONTES (0-5)
PREBENXAMIN B: CD AS PONTES – NARÓN BP B (0-11)
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
futbol_cd_aspontes
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios