Xornadas sobre consumo e turismo responsable en As Pontes

163

O vindeiro venres, 11 de decembro, celebrarase a primeira sesión das “Xornadas de Consumo Responsable, Comercio Xusto e Turismo Solidario” que organiza a Asociación Euroeume na Biblioteca Municipal de As Pontes. Esta primeira sesión, impartida por Clara Raposo, da Cova da Terra, versará sobre os conceptos do Comercio Xusto e do Consumo Responsable.
cartel-xornadas.jpg


A xornada, de portas abertas, comezar· as 19.00 horas e rematará aproximadamente ás 21.00 horas. Aquelas persoas que desexen recibir mais información poden facelo a través do teléfono, chamando ao 981 440668 ou 981 440729 ou ben a través do correo electrónico comunicacion@euroeume.org.
Na segunda sesión, que se celebrará despoís das festas de nadal, a temática será o Turismo Responsable e Solidario, con presentación de experiencias de entidades que están a traballar neste ámbito.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios