CD AS PONTES – I XORNADAS PEDAGÓXICO-DEPORTIVAS

51

TITO RAMALLO FALARÁ HOXE NAS PONTES DA IMPORTANCIA DO FÚTBOL BASE
AS PONTES

O adestrador do Fabril e coordinador das categorías de base do Real Club Deportivo da Coruña, Tito Ramallo, estará hoxe nas Pontes, onde dará unha charla sobre a importancia do fútbol base, dentro da primeira edición das Xornadas Pedagóxivo-Deportivas organizadas polo Club Deportivo As Pontes iniciadas o pasado venres e que rematarán o vindeiro día 18 coa intervención do traumatólogo e profesor da escola de adestradores do Deportivo, Javier Pombo.
Tito Ramallo estará acompañado polos xogadores do Deportivo da Coruña Juan Carlos Valerón e os ponteses Adrián López “Piscu” e David Rochela. A charla, que é aberta para tódolos afeccionados, será no Auditorio Municipal Alovi a partir das oito e media da tarde (20,30).


futbol.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios