REDONDELA – O ESTEO FS (2-10)

45

Goleada do Esteo na casa do pechacancelas, Redondela (2-10). Medio cento de espectadores nas gradas do polideportivo municipal da localidade pontevedresa.
Non tivo problemas O Esteo para impoñerse na casa do derradeiro clasificado do grupo. A contundente vitoria di o que aconteceu na pista do polideportivo redondelán, dominio absoluto dos ponteses que ó descanso xa gañaban por un claro 2-7 con tres tantos de Noé e Rubi e un de Gerardo. Na continuación, de novo Rubi e Noé, este en dúas ocasións, sentenciaron o partido. Tres puntos máis para o Esteo que se coloca segundo a dous do líder Casas Brulak e cun partido menos, Esteo-Fisterra (2-1), á espera da decisión do comité de competición, trala negativa do conxunto fisterrán de continuar o partido cando ían xogados oito minutos.


REDONDELA: Diego, Héctor, Saúl, Manoliño, Jorge –cinco inicial-Gompi, Borja, Iago, Iván, Pete e Lago.
O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Jaime, David, Guille, Roi e Pellón.
ÁRBITROS: Sabugo Sousa e Pazo Rubio (Vigo). Amoestaron a Héctor, David e Pellón.
GOLES: Min. 1 (0-1), Gerardo. Min. 6 (0-2), Rubi. Min. 7 (0-3), Noé. Min. 9 (1-3), Gompi. Min. 10 (1-4), Noé (DP). Min. 16 (2-4), Gompi. Min. 17 (2-5), Noé. Min. 18 (2-6), Rubi. Min. 19 (2-7), Rubi. Min. 23 (2-8), Rubi. Min. 24 (2-9), Noé. Min. 37 (2-10), Noé.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios