PRIMEIRA DIVISIÓN ESTATAL. FENDETESTAS 7 – OURENSE 22

18

O rugby é un deporte no que non se perdoa nin se agrada por ninguén, e esta máxima está a aprendela un Fendetestas que volveu caer nun partido no que fixo méritos para acadar un resultado máis positivo.
Os ponteses caeron por 7-22 diante dun Ourense que tirou de ofício e efectividade.
Unha vez máis o preparador local tivo que introducir variacións e trocos de postos nun quince que non puido aínda repetir unha base comezada xa a segunda fase.
De calquera xeito, as probas introducidas cunha terceira liña que buscaba maior posesión, deron resultado, e o Fendetestas dispuxo de balóns, mais apenas lograba sorprender ós ourensáns ó non seren quen de impoñer o pretendido xogo rápido.
Malia ó bo xogo dos verdes, o eterno problema da continuidade facía que os intentos de achegarse á marca rival morresen na beira.
fendetestas_001.jpg


Os visitantes alonxaban o oval ó pé e escolleron moi ben os balóns de ataque, partindo sempre de fases pechadas para descolocar a un quince local que víu así como ós dez minutos recibía a primeira marca.
O bo xogo ó pé do apertura ourensán descolocaba á defensa pontesa, provocando desorganización e falla de apoios en defensa cando chegaba a contra.
As escasas superioridades que crearon os visitantes servíronlles para irse con puntos cun novo ensaio que puña o 0 – 12 no marcador.
E foi precisamente nun contragolpe onde os ponteses se meteron no partido, cunha boa acción defensiva de Tito que permitíu que Álvaro recuperase un balón solto e se fora directo á zona de marca poñendo o 7- 12 esperanzador.
Na segunda metade incrementouse a posesión local, pero isto non lle servíu de nada ó non concretar as súas ocasión coa terceira demasiado implicada en labores de recuperación.
Coa dianteira mermada para reforzar unha liña na que faltou completar as accións, mesmo con dous ensaios anulados, os problemas para frear ó potente paquete de dianteros ourensáns fixo que se parase moito o xogo e aí os visitantes xestionaron ben as súas posesións para marcar en senllas accións partindo de golpes de castigo por unha defensa moi castigada por un colexiado que penou sempre o xogo soterráneo local nas abertas.
Anque o xogo está a ser xa digno desta dura categoría, o Fendetestas está aínda moi lonxe da madurez no seu xogo que lle permita pensar na victoria que se lle resiste.
Xogaron: Peque (Nico 15´), Moncho (OPX 75´), Paco, Andrés, Rayito, Toño, Antón, Moeche, Kiko, Alvarito, Álvaro, Frecha, Tito, Huesy (Rob 60´), e Manolo.
Nova cortesía de Xosé Cendán e Xosé Ferreiro
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios