CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

37

CD AS PONTES PREFERENTE: Aínda que non resolveu ata os derradeiros minutos de partido, o As Pontes acadou os tres puntos na súa visita a Xove. Os goles de Iván González (min. 76) e Pablo (min. 84) sentenciaron un partido no que o Xove Lago fixo sufrir ós ponteses. Tras este resultado e o empate do Dorneda en Foz (0-0), o conxunto pontés mantense na terceira posición a catro puntos do Dorneda e tres do Betanzos, equipo que gañou pola mínima no Val (0-1). O cuarto clasificado, Mensón do Bento, goleou na casa ó Chantada (6-1) e suma 33 puntos.
futbol_001.jpg


CD AS PONTES FEMININO: Descansou nesta xornada e na seguinte xornada, 3 de xaneiro, enfrontarase ó Val no Poboado.
CD AS PONTES XUVENIL: Mal se poñen as cousas para o cadro xuvenil da liga nacional despois da súa derrota –a novena- no Poboado diante do Calasancio de Monforte de Lemos (1-2). O gol de Xabi nos minutos finais non foi suficiente para contrarrestar a diferenza dos monfortinos. Xogaron polo As Pontes Iván, Hugo, Carlos, Toti, Juan, Junior, Borja, Xabi, Ali, Cañizares e Kilian. Despois entraron Fernando, Cris, Tara e Jandro. O As Pontes ocupa a 16ª posición con tan só nove puntos.
Meritorio empate do conxunto B diante do líder Eume Deportivo (2-2). Gogas foi o autor dos goles do As Pontes.
CD AS PONTES CADETE: Derrota en Cedeira (3-1). Rubén marcou para os ponteses, que ocupan a quinta posición a once puntos do líder Galicia de Caranza.
CD AS PONTES INFANTIL: “Chapeau” para o equipo infantil, que conta os seus enfrontamentos por vitorias. Nesta xornada goleou (7-2) no Poboado ó seu inmediato perseguidor, Cariño, e practicamente é campión de liga a falta de catro xornadas, xa que ten unha vantaxe de nove puntos sobre o Cariño e doce sobre o Eume. Esta excelente campaña ten un dobre mérito dado que once dos seus xogadores son de primeiro ano. Xogaron este sábado Ángel Prieto, Brais Martinez, David García, Iván, Álex Pico, Brais Blanco, David Rey, Jandro, Álex Fernández, Enrique e Diego. Na segunda parte entraron Ángel, Jorge, Alberto, Manuel e Iago. Marcaron os goles Diego (4), Jandro, Enrique e David Rey.
CD AS PONTES ALEVÍN: Vitoria e derrota na categoría alevín. O conxunto A, tras un mal comezo de liga, parece coller o ritmo da competición e nesta xornada gañou a domicilio ó Perlío (1-5) con goles de Manuel (2), José Luis, Álex e Álvaro. Quen non anda nada fino é o equipo B, que perdeu (3-9) no Poboado diante do líder, Perlío. Marcaron Adrián, Josiño e Andrés.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Goleada do conxunto A no Poboado diante do Galicia de Mugardos (6-0) e derrota, tamén por goleada, do equipo B na casa do Portuarios (7-0). No partido do Poboado contra o Mugardos marcaron Sergio (2), Diego, Álex, Eloi e Bruno.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Vitoria do As Pontes A no Poboado (5-0) dirante do Racing de Ferrol con goles de Vicente, en tres ocasións, Xoel Pena e Nono. Os máis pequenos, os de primeiro ano perderon en Ferrol diante do Galicia de Caranza (11-0).
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: UD XOVE LAGO – CD AS PONTES (0-2)
XUVENIL NACIONAL: CD AS PONTES – CP CALASANCIO (1-2)
XUVENIL COMARCAL: CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (2-2)
FEMININO: Descansou
CADETE: CEDEIRA SD – CD AS PONTES (3-1)
INFANTIL: CD AS PONTES – CD CARIÑO (7-2)
ALEVIN A: CCRD PERLÍO A – CD AS PONTES A (1-5)
ALEVIN B: CD AS PONTES B – CCRD PERLÍO B (3-9)
BENXAMIN A: CD AS PONTES A – GALICIA MUGARDOS (6-0)
BENXAMIN B: SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES B (7-0)
PREBENXAMIN A: CD AS PONTES A – RACING FERROL D (5-0)
PREBENXAMIN B: GALICIA CARANZA B – CD AS PONTES B (11-0)
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
futbol_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios