CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

34

CD AS PONTES PREFERENTE: O As Pontes segue na loita polos postos de ascenso logo da súa goleada ó Noia no Poboado (6-1). Os ponteses foron superiores e realizaron un bo partido ante un rival que só inquietou un pouco despois dos goles de Parada. Antes do descanso Iván González puxo o 3-1 e xa no segundo tempo Pablo, de novo Iván González e Suso Peña redondearon a goleada pontesa. Os catro primeiros clasificados están separados por cinco puntos, Dorneda (41), Betanzos (40), As Pontes (37) e Mesón do Bento (36), polo que se presume unha dura loita entre os catro equipos para acadar os dous postos de ascenso.
cdaspontes_001.jpg


CD AS PONTES FEMININO: DESCANSO DE NADAL. A competición reemprédense o 3 de xaneiro, xornada na que o As Pontes enfrontarase ó Val no Poboado.
CD AS PONTES XUVENIL: Diante dun rival directo, o As Pontes logrou a segunda vitoria a domicilio perante o Choco de Redondela (2-3). Jandro, Cristian –de penalti- e Borja foron os autores dos goles do equipo que adestra Carballo. O As Pontes pasa a ocupar o posto décimo quinto. Nesta xornada correspondeulle descansar ó xuvenil B.
CD AS PONTES CADETE: Goleada do conxunto cadete na casa do Narón (0-7), con Álex autor de tres goles e Criado e Tini, con dous cada un. O As Pontes pasa da quinta á terceira posición con 28 puntos, once menos que o líder Galicia de Caranza.
CD AS PONTES INFANTIL: Nova vitoria, a décimo quinta, e tamén por goleada do conxunto infantil na casa do Rácing San Pedro (0-8). Marcaron Diego Filgueiras (3), Brais Blanco (2), Enrique (2) e Nahúm (1). A falta de tres xornadas para o remate da liga o As Pontes avantaxa en once puntos ó segundo clasificado, o Cariño.
CD AS PONTES ALEVÍN: Vitoria e derrota dos alevins. O conxunto A perdeu na Malata perante o Racing de Ferrol C por 4-1 (gol de Iván Jarel) mentres que o B gañou con claridade no Poboado (5-1) ó Val, con goles de Josiño, Adrián, Jorge, Diego e Andrés. O equipo A está na novena posición con dez puntos e o B é sétimo no seu grupo con quince puntos.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Tamén vitoria e derrota na categoría benxamín, con goleada en Ares do conxunto A diante do Numancia (2-6), con tantos marcados por Bruno (3), Sergio Otero, Eloi e Alberte. Alejandro marcou o único gol do equipo B, que perdeu no Poboado diante do Miño (1-4). O As Pontes A é quinto do seu grupo con 25 puntos e o conxunto B é 14º con nove.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Na categoría prebenxamin salientar a primeira vitoria do As Pontes B ante o Barallobre cun solitario gol marcado por Javi. Tras esta importante vitoria que dará moral ós máis pequenos, o As Pontes pasa da derradeira posición á novena. Tamén vitoria, neste caso a domicilio, do conxunto A diante do Galicia de Caranza C (0-2), con goles marcados por Xoel Pena e Vicente. O As Pontes A é cuarto a seis puntos do primeiro clasificado, Racing de Ferrol.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: CD AS PONTES – NOIA CF (6-1)
XUVENIL NACIONAL: CD CHOCO – CD AS PONTES (2-3)
XUVENIL COMARCAL: Descansou
FEMININO: Descanso de Nadal
CADETE: NARÓN BP – CD AS PONTES (0-7)
INFANTIL: RACING SAN PEDRO – CD AS PONTES (0-8)
ALEVIN A: RACING FERROL C – CD AS PONTES (4-1)
ALEVIN B: CD AS PONTES B – SD O VAL (5-1)
BENXAMIN A: NUMANCIA ARES – CD AS PONTES (2-6)
BENXAMIN B: CD AS PONTES B – MIÑO CF (1-4)
PREBENXAMIN A: GALICIA CARANZA C – CD AS PONTES (0-2)
PREBENXAMIN B: CD AS PONTES B – SD BARALLOBRE (1-0)
Nova cortesía por Xose Ferreiro e A.F.
A TÓDOLOS COMPOÑENTES DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES E AFECCIONADOS OS MELLORES DESEXOS DUN FELIZ NADAL E UN BO E DEPORTIVO ANO 2010.
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios