FÚTBOL SALA PRIMEIRA NACIONAL “B” – O ESTEO FS – CONCELLO DE VIANA (7-2)

32

O Esteo, xogando a medio gas, sumou os tres puntos diante do Conbcello de Viana, que lle supoñen situarse en solitario na primeira posición do grupo galego da primeira nacional B, aproveitándose, ademais, dos tropezos dos seus inmediatos seguidores, Casas Brulak e La Junquera, que están agora a catro e sete puntos respectivamente dos ponteses, puntos ós hai que engadir os do partido contra o Fisterra, encontro que foi dado por finalizado polo comité de competición co resultado de 6-0 a prol do Esteo con dedución de tres puntos e multa para o Fisterra. Do encontro contra os ourensáns, sinalar que os de Viana do Bolo chegaron a As Pontes cos homes xustos para afrontar o partido perante un Esteo que foi moi superior e que se presenta como candidato ó título de liga. Tralo descanso de Nadal a competición reempréndese o nove de xaneiro cun interesante Unidade de Fene-O Esteo.
esteo1.jpg


O Esteo situouse de líder en solitario tras golear nas Pontes ó Concello de Viana do Bolo (7-2) en partido da primeira nacional B disputado no pavillón da Fraga ante uns cen espectadores.
O ESTEO FS: Ito, Diego, Gerardo, Fran, Jaime –cinco inicial- Noé, Anxo, Davbid, Guille e Pellón.
CONCELLO VIANA DO BOLO: Marcos, Pachi, Juan, Gómez e José.
ÁRBITROS: Remeseiro López e Menéndez Nistal (A Coruña). Amoestaron a Pachi e Juan.
GOLES: Min. 1 (1-0), Fran. Min. 7 (2-0), Gerardo. Min. 21 (3-0), Noé. Min. 22 (3-1), Pachi. Min. 23 (4-1), Noé. Min. 26 (5-1), Gerardo. Min. 27 (6-1), Noé. Min. 38 (7-1), Pellón. Min. 39 (7-2), Juan.
Nova cortesía de A.F.
esteo2.jpg
esteo3.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios