A asociación Santa María do Aparral visita e agasalla ós veciños polo nadal.

40

O pasado domingo membros da directiva da Asoc.de veciños Santa María do Aparral percorreron a parroquia visitando ós seus maiores e nenos. Ataviados con indumentarias navideñas e cargados cun gran saco de boas intencións e ledicia, visitaron e alegraron casa por casa os maiores e os poucos nenos que forman parte da parroquia. Na súa visita repartiron caramelos ós máis novos e un pequeno agarimo os maiores.
A intención da iniciativa era facer compaña e romper coa monotonía dos veciños nunhas datas especialmente emotivas. Cabe comentar que a iniciativa foi todo un éxito e valorada polos veciños dunha maneira moi positiva.
aparral_1.jpg


aparral_1.jpg
aparral_1.jpg
aparral_1.jpg
aparral_1.jpg
aparral_1.jpg
aparral_1.jpg
aparral_1.jpg
aparral_1.jpg
Nova cortesía de Nerea

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios