SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 1 SD O VAL 2. (O árbitro supende o encontro a falta de sete minutos).

66

Igual que no encontro de ida, mereceron máis as azuis ante as segundas clasificadas. Na primeira metade o As pontes tivo as súas boas ocasións, Alba (5´e 38´), Paty (19´) e Patri (41´), pero a calidade das visitantes fíxose notar cando tras un posible control coa man no medio campo, Laura aproveita un pase en profundidade para batir a Leti por alto (27´). No segundo tempo as visitantes poñían distancia de por medio tras un gran gol da sensacional extremo Cuki, ex do Racing de Ferrol, quen tras driblar a canta rival lle sae ó paso cruza ante a saída de Leti (57´). A mesma xogadora puido sentenciar catro minutos máis tarde, pero foi Chipy quen nada máis saltar ó campo (66´) conseguiu recurtar distancias, nun barullo na área remata e o balón acaba entrando con suspense. Puido empatar Laura no 82´ pero o balón marchou rozando o pau. E foi no minuto 83´ cando se produxo a trifulca do encontro, o colexiado decide expulsar ó adestrador visitante, o xogo continua, pero ante a negativa do mister a irse do banquiño e ante as súas reiteradas protestas o árbitro decide suspender o partido cando aínda quedaban sete minutos máis o desconto por xogar, resultando perxudicado o equipo local. Na vindeira xornada o As Pontes visitará ó líder Victoria.
futbol_1.jpg


1 CD AS PONTES. Leti; Yaiza, Laura, Jani, Silvia; Lara, Patri, Clara, Carlota; Alba (Carliña 65´) e Paty (Paula 65´).
2 SD O VAL. Lucía, Rosa, Miriam, Noelia, Pili, Carmen, Fany, Cuki, Paula, Laura, Jessi (Leila 81´).
Árbitro: Brais Ferreiro (Ferrol).
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. Uns 100 espectadores. Partido correspondente á 15ª xornada.
Goles: 0-1, Laura (27´), 0-2, Cuki (57´), 1-2, Paula Chipy (66´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios