No filme Avatar empregaronse máis de 4000 servidores con Linux

88

[mancomun.org] A nova película de James Cameron (director de Titanic e Terminator) é actualmente un dos éxitos que hai na carteleira, como demostra que en só 10 días xa recadara máis de 600 millóns de dólares.
Unha gran parte deste éxito é debido aos máis de 4.000 servidores Linux que se empregaron na película.


A película foi creada en gran parte nos estudios neozelandeses de Weta Digital, que co seu centro de datos de máis de 4300 servidores HP Proliant BL2x220c G5 contribuíu a producir os impresionantes efectos especiais e as secuencias visuais.
Un total de 40.000 procesadores con 104 Terabytes de memoria RAM funcionando as 24 horas do día, procesando de 7 a 8 Gigabytes de datos por segundo e producindo 17,8 Gb por cada minuto de película. Todo nun cluster de Linux que actualmente ocupa o posto 193 do ranking dos 500 supercomputadores máis rápidos do mundo e para o que se tivo que construír un sistema de refrixeración con auga, xa que os sistemas convencionais de pisos elevados de refrixeración por aire non podían controlar a calor que se producía.
Weta Digital foi fundada hai 15 anos por Peter Jackson, que despois empregou a tegnoloxía desenvolvida pola súa empresa para crear famosas películas como o Señor dos aneis e King Kong.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios