Importante triunfo do xuvenil de Liga Nacional que o alonxa dos postos de descenso.

32

O xuvenil pontés de Liga Nacional conseguiu un importante triunfo o pasado sábado no Poboado ante o conxunto vigués do Sárdoma. A pesar do dominio local na primeira metade, adiantarone os visitantes no minuto 34´, resultado co que se chegou ó descanso. Pero nos primeiros minutos da segunda parte o As Pontes conseguiu tres goles por medio de Antón (47´), Xavi Pellón (50´) e Chus Cañizares (62´), e pese ó acoso do visitantes nos últimos minutos o marcador non se moveu e os azuis consiguen tres importantes puntos e agora mesmo, a falta de unha xornada pra que conclúa a primeira volta, están en 12º posición con 15 puntos, 14 pra Arousa, Calasanz e Areosa, 13 Aguiño, e xa algo máis desahuciados Montañeros B con 9 e Choco de Redondela con 8.
futbol_xuvenil_01.jpg


Carballo alineou neste encontro a Iván, Antón, Carlos, Toti, Juan, Junior, Tara (Chus 46´), Xavi, Ali (Borja 46´), Cristian (Mourín 89´) e Fernando (Kilian 46´).
Tamén gañou o equipo cadete, neste caso en partido correspondente a Liga Comarcal disputado en casa ante o Rápido de Neda. Gañaron os de Calpita por 4-1, con tres goles do capitán e ex xogador da selección sub15 de Ferrol, Alex Cabarcos, e outro de Rubén. O equipo cadete sitúase en unha meritoria terceira posición por detrás de Galicia de Caranza e Cedeira.
Nova cortesía de A.F.
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios