Tres xogadores do CD As Pontes xogarán no Galicia Caranza–Selección de Ferrol.

41

Os futbolistas Francisco Prieto “Toti”, central, Ismael López, lateral dereito, e Julián Pazos, porteiro, xogarán este xoves nun dos últimos partidos de preparación da selección de Ferrol antes de afrontar o Torneo Caixa Galicia. De feito esta proximidade á competición fai que as listas sexan cada vez máis reducidas e os 16 que acuden á xuvenil sub17 ou os 12 que acuden á alevín sub12 de fútbol 7 poderían ser os convocados definitivos. Máis probaturas está facendo a cadete sub15, pois van 18 xogadores e habería que facer 2 descartes.


Este será o terceiro amistoso “navideño” da selección tralos partidos en As Pontes, Ares, e agora en Caranza. Os convocados son:
Selección Sub17
Racing de Ferrol: Diego Bañobre, Pedro Garrote, Diego Fernández, Adrián Priegue, Jesús Peña.
Galicia de Caranza: Ismael Pedreiro, Alejandro Amil, Pablo Teijeiro, Adrián Amoedo.
CD As Pontes: Francisco Prieto, Ismael López, Julián Pazos.
Cebarca: Ismael Prieto.
Portuarios: Yosu Mbae.
O Val: Iván Bahamonde.
R.Neda: Yon Badiola.
Selección Sub15
Racing de Ferrol: David Rodríguez, Martín San Claudio, Pablo Gayoso, Guillermo Chamorro, Martín Hendrix, Noel Pazos.
Portuarios: Ángel Villar, Aitor Díaz, Esteban Vázquez, David López, Adrián Patiño.
Galicia de Caranza: Antonio Iglesias, Kevin Muíño, Alejandro Durán.
Cedeira: Daniel Rodríguez, Antonio Rodríguez.
Narón: Borja Moreira.
Eume: Francisco Seijas
Selección Sub12
Galicia de Caranza: Víctor Freire, Aarón Rey, Javier Miragaya, Carlos Leal.
Meirás: Hugo Baamonde, Francisco Ramos, Borja Alvariño
Racing de Ferrol: Aitor Pascual
Galicia Mugardos: Joao Pedro Moreira
Ánimas: Unai García
Numancia: Carlos Vázquez
San Sadurniño: Francisco Casás
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios