A campaña Merca nas Pontes pecharase mañá cunha gala na que se repartirán máis de 5.000 euros en premios

29

O Concello convidou a toda a veciñanza a tomar parte nesta cita organizada conxuntamente coa Asociación de Empresarios de As Pontes.
aspontes.com. A Casa Dopeso acollerá mañá, ás 17.30 horas, a gran gala final da campaña de Merca nas Pontes 2009.
Dende a Concellería de Promoción Industrial decidíase recuperar a convocatoria dunha gala para acompañar o sorteo que pon o peche a esta campaña de fomento das compras navideñas na vila.


Logo de ter repartido 400 euros noutros catro vales, cada unha das cinco últimas fins de semana, agora vaise proceder ó sorteo final con todas as rifas que testemuñan a compra nos establecementos adheridos á campaña.
A grande novidade desta edición foi a incorporación da hostalaría, o que redundará nun segundo sorteo.
Aqueles que completaran os seus cartóns de consumición na hostalaría local van entrar no sorteo dunha cesta valorada en máis de 2.000 euros, da que puideron ver o contido exposto en Casa Dopeso.
O outro premio estará máis repartido ca nunca, pois entregarase ó gañador ou gañadora un vale de 1.000 euros para gastar nos comercios adheridos á campaña deste ano. E como consolación outros cinco vales cada un de 200 euros, xa para gastar na mesma tenda na que se fixera a compra pola que se entregou a rifa.
En todos os casos se establecerán uns números reserva por se no tempo estipulado non aparecese o posuidor ou posuidora dos números agraciados.
A gala na que se vai realizar o sorteo contará coa participación do mago ourensán, afincado en Lugo, Teto.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios