OS VECIÑOS DA CASILLA E DA PARDO BAZÁN REVALIDAN OS SEUS TÍTULOS NO II CONCURSO DE ENGALANADO DE RÚAS E BARRIOS

25

aspontes.com O concello fixo entrega, o pasado luns, dos premios da segunda convocatoria do Concurso de Engalanado de Rúas e Barrios, organizado polo departamento de Participación Cidadá con motivo das festas de Nadal.
Os 300 euros do primeiro premio foron para o barrio de A Casilla, mentres que segundo, e agraciado con 100 euros quedou o barrio da Pardo Bazán.


As Asociacións Veiga da Areosa, da Casilla, e A Choupana, da Parzo Bazán, foron as encargadas de recoller os cheques que as acreditaron como gañadoras repetindo os postos acadados o pasado ano.
A concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García, foi a encargada de facer a entrega destes recoñecementos nos que quixo incluir a todos os veciños do pobo que, en maior ou menor medida, e cadaquén acorde coas súas posibilidades, aportaron o seu traballo para ornamentar a nosa vila barrio a barrio.
A entrega na Pardo Bazán facíase o luns, e na Casilla o martes.
Nos seus respectivos locais locen xa as placas acreditativas destes premios, e os ponteses que non viran aínda cales foron as apostas decorativas destas dúas agrupacións veciñais poden facelo aínda, pois esta semana estarán aínda en exposición.
En ámbolos dous casos primaron a orixinalidade, e a creatividade, non exentos dun bo deseño e árduo traballo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios