NOTA DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

28

O Club Deportivo As Pontes ven de informar de que tódolos partidos das categorías de fútbol-7 (prebenxamín. benxamin e alevín) e de infantil que se ían disputar hoxe sábado 9 quedan suspendidos debido ó temporal de neve.
Os encontros de cadetes (en Ares) e xuvenís (en Ares e Lalín) a xogar na tarde do sábado, en principio disputaranse á hora prevista. En canto ó conxunto da preferente autonómica a xogar no Poboado o domingo (16,00) contra o Sporting Sada cabe a posibilidade de suspendelo debido á capa de neve (uns 20 cms) que cubre o terreo de xogo do campo do Poboado.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios