SITUACIÓN SEGURIDADE VIAL ESTRADA AC-564 COMARCA DE FERROLTERRA.

43

Pregunta que fixo no Parlamento Galego a deputada do BNG, Ana Bouza, por iniciativa da localidade das Pontes, na que se piden explicacións polo estado calamitoso no que se atopa dende fai tempo a sinalización horizontal da estrada Cabanas-As Pontes.
Ana Luisa Bouza Santiago e Teresa Táboas Veleiro, deputadas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para a sua resposta oral en Comisión, relativa á situación da seguridade vial da estrada AC-564 na comarca de Ferrolterra.
A estrada AC-564, que une as localidades de As Pontes e Cabanas, ten moito tráfico e unha parte importante do mesmo realízase en horas nocturnas, xa que é a conexión entre As Pontes e polígonos industriais das Pontes, A Coruña, Mugardos, etc.
É unha estrada de titularidade autonómica.


Pola súa situación, ademais é unha estrada que aparte de intensa chuvia do inverno actual, ten moitos días de néboa. Todo esto fai que sexa moi perigosa na maior parte do ano.
Dende hai meses, nunha parte importante do trazado, practicamente non existe pintado no asfalto, o que fai que non se poida transitar con normalidade, xerándose situacións de inseguridade e perigo de accidentes a diario.
Por este motivo o Grupo Parlamentar do BNG, realiza a seguinte pregunta para a súa resposta oral en comisión.
Cándo ten previsto o Goberno galego acometer a sinalización horizontal da estrada AC-564?
Santiago de Compostela, 8 de Xaneiro de 2010-01-08
Asdo. Ana Luisa Bouza Santiago
Teresa Táboas Veleiro
Deputadas do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Luísa Bouza Santiago na data 08/01/2010 12:20:01
Teresa Táboas Veleiro na data 08/01/2010 12:20:05

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios