SUSPENDIDO POLA NEVE O CD AS PONTES-SPORTING SADA

46

Debido ó intenso temporal de neve que dende o venres asola ó concello das Pontes e municipios limítrofes foron suspendidos tódolos partidos que os distintos equipos do CD As Pontes ían disputar esta fin de semana no campo de deportes do Poboado.
f_neve_01.jpg


A consecuencia da intensa nevarada caída foi suspendido ó mediodía de hoxe o encontro que ían disputar mañá domingo (16,00) o As Pontes e o Sporting Sada correspondente á derradeira xornada da primeira volta da preferente autonómica, xa que tódalas instalacións deportivas do campo do Poboado atopábanse na tarde de hoxe cubertas cunha capa de neve superior ós vinte centímetros.
Igualmente non se chegaron a xogar os encontros das categorías de base e xuvenil da liga nacional programados para hoxe sábado, tanto os que se xogaban nas instalacións do Poboado como os dos conxuntos que lles correspondía viaxar fóra, en concreto a Ares, no caso de cadetes, infantís e xuvenil B e a Lalín, no caso do equipo da categoría nacional xuvenil. De seguir este mal tempo é posible que tamén se suspenda o encontro do equipo feminino do As Pontes que mañá domingo (12,00) disputa na Coruña diante do Victoria.
Nova cortesía de A.F.
f_neve_01.jpg
f_neve_01.jpg
f_neve_01.jpg
f_neve_01.jpg
f_neve_01.jpg
f_neve_01.jpg
f_neve_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios