A escola de tempo libre Néboa ten aberta a inscrición para dous cursos de monitores

72

[Diario de Ferrol] A escola de tempo libre Néboa informou de que ten aberto o prazo de matrícula para dous cursos de monitores de tempo libre que organizará en Neda e no Concello de As Pontes, respectivamente. En ambos os dous casos, trátase de actividades dun total de 350 horas de duración, das cales 200 serán de carácter teórico e outra 150 prácticas. O curso está homologado pola Xunta de Galicia.


Entre os contidos do curso abordaranse aspectos relacionados coa psicoloxía, a socioloxía, a educación no tempo libre, o medio ambiente, a plástica ou os xogos, entre outras disciplinas.
Os interesados en participar na actividade poderán recibir máis información chamando ao número de teléfono 669 111 183 ou enviar un correo solicitando información detallada sobre o curso a escola@neboa.org ou cultura@aspontes.org.
Outra posibilidade é achegarse ao local da entidade, situada na Muchiqueira 24 (Mourela, Neda) ou á Casa Dopeso nas Pontes para recibir información.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios