O BNG critica a anulación do Plan Galego de Reactivación das comarcas mineiras

25

[Diario de Ferrol] O BNG das Pontes critica a anulación do Plan Galego de Reactivación das Comarcas Mineiras nun comunicado no que apunta que a actuación do actual goberno autonómico é a dunha “brigada de demolicións” e no que di, tamén, que “non sorprende” a colaboración dos sindicatos CCOO e UXT e do Concello pontés.


O partido nacionalista lembra que o Plan da anterior Consellería de Innovación e Industria, que dirixía Fernando Blanco, implicaba un investimento de máis de 75 millóns de euros nas dúas comarcas das Pontes e Cerceda no período 2007-2012, e que foi aprobado por unanimidade no Parlamento. “En setembro de 2008 solicitábase a licenza de apertura da oficina que o plan ía establecer nas Pontes, e en abril de 2009 tiña que desistir, ao non ser concedida por parte do Concello”, di o comunicado.
O BNG indica que o Concello inaugurou outras dependencias “para o mesmo fin” en Penapurreira, nun edificio “que aínda hoxe nin sequera ten licenza de obra” e sinala que tamén houbo duplicidade na promoción por parte da institución municipal dun parque tecnolóxico que retrasou a ampliación do solo industrial que prevía o Plan.
O BNG pontés defende a actuación do Plan e acusa ó goberno local de retrasar permisos e obstaculizar a súa labor.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios