Problemas das Pontes: As 20 preguntas de Xosé Manuel Ribeira

122

Como cidadán de a pé de As Pontes quixera facer chegar a miña opinión a toda a xente que convivimos no pobo, sobre unha gran parte dos problemas que temos a diario, que paso a enumerar para que tomen nota as institucions correspondentes, aínda que considero que os cidadáns de a pé tamén temos a nosa parte de responsabilidade:


Como é posible que todos estamos de acordo en que temos que baixar a produción de CO2 a atmosfera, cando neste pobo ( seguramente igual que moitos mais ), temos as rúas iluminadas coa mesma intensidade ás 8 da noite que as 3 da mañá, ademais gastando moitos cartos sen necesidade?
Porque os coches aparcan en doble fila, encima das aceras, e sobre todo ó lado dos pasos de peóns nas franxas blancas que pintaron recentemente para máis visibilidade dos condutores hacia a xente que vai cruzar?
Porque as Pontes ten un acceso tan malo hacia a autovía, para sair hacia Lugo pasando polo Polígono dos Airíos e cunhas curvas tan pronunciadas?
Porque as carreteras de entrada nas Pontes vindo de Pontedeume, dende Lugo ou dende Viveiro están sen pintar, co perigo que conleva, sobre todo cando chove?
Porque falamos tanto da protección do patrimonio e seguen pasando coches e camións pola ponte dos ferros da Vila, estando case continuamente un operario do concello poñendo baldosas novas, porque as rompen os coches, ademais de que na Vila xa se tiñan que limitar os coches só para a xente que alí vive para protexela e potenciala por ser o patrimonio principal das Pontes, por ser o seu nacemento?
Porque a musica tradicional non ten unhas instalacións adecuadas, para dar clase e ensaiar, tendo locais para poder facelo como na parte alta central do edificio onde está o conservatorio de música no poboado de arriba, asi como facer un obradoiro para fabricación de instrumentos como xa solicitamos con sinaturas no concello moitos veciños?
Porque tendo no cemiterio novo un sitio para tanatorio ( que xa foi usado temporalmente por unha entidade privada ) non se pon en servizo público, xa que sería moito máis barato soterrar os nosos defuntos, ( outro pobos si teñen tanatorio público )?
Porque no paseo da Ribeira non teñen posto xorobas de camello para que os coches anden máis amodo, xa que por alí pasea moita xente?
Porque ó lado da Ponte de Isabel II está unha ponte de ferro para paso peatonal , ( parece ser sen permiso de Patrimonio ) Como a xente ten que pasar que faigan incluso a ponte con preferencia nun sentido e poñan un petril baixo de canteiría para que pasen os peóns, e si non que a faigan de direccion única, o que sexa pero que saquen a U de ferro que está ó lado?
Porque non se rehabilita o muíño de Alende e se lla dá actividade, así como a fábrica da luz que fai pouco restauraron, e que pon unha placa na porta que é para uso de toda a cidadanía, a que esperan para facer unhas bases para á sua utilización?
Porque os rapaces novos para xogar e saltar cos patinetes non teñen unhas instalacións como outros pobos do arredor, e non teñen que montar obstáculos con palés para practicar saltos, bueno aínda algúns pais os levan a Viveiro a practicar nas instalacións que alí teñen?
Porque para pasar do café Nistal para a farmacia atravesando a Praza do Hospital a xente con carriños de nenos e a xente con cadeira de rodas ten que dar a volta pola carretera, ou ben ir ata case a biblioteca para poder cruzar hacia o outro lado?
Porque na área de descanso ou de paseo ó lado do río non se fai algunha barbacoa cuberta similar ás do Caneiro, xa que a caseta do polbo está saturada en canto a súa utilización?
Como é posible que nas Pontes teñamos un mercado tan cativeiro en relación a outros pobos con número de habitantes similares, e pola parte de diante teñen unha rampa para carriños tan pronunciada, como tampouco teñen unha rampa en condicións para xente con carriños de bebés e para a xente con cadeira de rodas?
Porque na biblioteca non teñen posto máis ordenadores ( xa que teñen 3 con internet que incluso fallan algunhas veces ) para a xente que alí vai a utilizalos ademais de ter un apartado para eles e non cada un nun lado distinto, donde os demais poden ver as súas conexións?
Porque o edificio público que fixeron novo o lado da piscina o fixeron tan encima da carretera?
Porque algúns coches do concello aparcan encima das aceras, sobretodo enfrente do edificio antigo de correos, ó lado do colexio de Santa Maria, estos coches teñen carta blanca ou deberian respectar as normas coma todos os demais veciños
Porque moitas das aceras das Pontes teñen baldosas rotas e soltas, (dende hai tempo ) que cando as pisas salpicante de auga e barro?
Porque non se fai unha campaña para a xente que ten cans para que recollan as CACAS ( aínda que seguramente tamén hai quen as recolle )?
E como tema principal como é posible que unha parte importante do pobo fala que na RESIDENCIA que temos nas Pontes que ademais de ser cara non se atende ben a xente como deberían, nin os sindicatos nin organizacions politicas din nada?
Porque , parece ser que o dono ameazou con marchar se se lle esixía moito. Pois se ten que marchar que marche ( outros virán ) pero a xente maior tense que tratar e coidar BEN, parece ser que teñen falta de persoal, e que tamén fan máis funcións das que lles corresponde, etc, etc.
Todo o exposto son opinións dun cidadán que aínda que considerando que nin moito menos está totalmente en posesión da verdade, si me gustaria que se me respostaran estas preguntas, así como tampouco teño ningún problema para debatilas con calquera persoa ou organización nos medios de comunicación, incluso a a nivel local.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios