A biblioteca das Pontes acollerá a presentación dun libro sobre a Mourela

57

O vindeiro venres día 22, ás oito e media do serán, presentarase na biblioteca municipal pontesa un libro sobre as escavacións do cromlech da Mourela.
A presentación da obra, que leva por título Círculo de engaños, correrá a cargo dos arqueólogos Ramón Fabregas e Andrés Bonilla, responsables da escavación arqueolóxica levada a cabo na Mourela durante o ano 2007.
O libro foi publicado pola editorial Andavira e xa se atopa á venda nas librerías, a 25 euros o exemplar.


circulo.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios