FÚTBOL SALA PRIMEIRA NACIONAL “B” – LA JUNQUERA – O ESTEO FS (6-7)

38

Sufrida vitoria do Esteo na súa visita ó terceiro clasificado. A primeira metade foi de dominio do ponteses cun Esteo que presionaba moi arriba, chegándose ó descanso con vantaxe visitante de 2-3 con tantos marcados pro Anxo e Gerardo, en dúas ocasións. O segundo tempo estivo moito máis igualado con alternancias no marcador chegándose a falta de menos de catro minutos con igualada e seis goles. Os vilagarciáns arriscaron coa táctica de porteiro-xorgador, pero o Esteo defendeuse ben e nun roubo de balón Fran dende o seu propio campo lograba a traballada vitoria que supoñen tres importantes puntos para o cadro de As Pontes que o confirman no liderato con catro puntos sobre o segundo clasificado.


Vitoria importante do Esteo en Vilagarcía de Arousa diante do La Junquera (6-7). Un pouco máis de medio cento no polideportivo de Fontecarmoa.
LA JUNQUERA: Pece, Juancar, Gelaber, Sesar, Francisco –cinco inicia- Adri, Chini, Jaime e Marcos.
O ESTEO FS: Ito, Anxo, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Diego, Jaime, Pellón e Juan.
ÁRBITROS: Ferrero Carballal e Roldán Pérez (Pontevedra). Expulsaron con vermella directa a Sesar, do La Junquera, e amosaron tarxeta amarela a Adri, Anxo e Pellón.
GOLES: Min. 4 (0-1), Anxo. Min. 6 (1-1), Francisco. Min. 7 (1-2), Gerardo. Min. 15 (1-3), Gerardo. Min. 18 (2-3), Chini. Min. 28 (3-3), Adri. Min. 29 (4-3), Chini. Min. 30 (4-4), Rubi. Min. 31 (4-5), Rubi. Min. 35 (5-5), Adri. Min. 36 (6-5), Chini. Min. 37 (6-6), Gerardo. Min. 39 (6-7), Fran.
Nova cortesía A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios