Gema Buitrón finaliza 25ª no Torneo Internacional de Nimes

107

A arqueira pontesa Gema Buitrón concluiu na 25º posición no 13º Torneo Internacional de Tiro con Arco de Nimes (Francia).
A rolda clasificatoria era bastante complicada pois participaban 150 arqueiras e so se clasificaban para a Fase Final as 32 primeiras. Gema foi 18º e a súa compañeira Magali Foulón 29ª co cal foron as dúas únicas representantes españolas na rolda de dezaseisavos, quedando eliminadas Alicia Forner (78ª), Eloisa García (79ª), Pilar González (114ª).


Xa na mesma Gema perdeu con Aurore Trayan (116-110) e Magali con Marina Nayrole (114-109), finalizando 25ª e 28ª respectivamente. A vencedora foi a francesa Berengere Schuh, seguida da rusa Tatyana Segina, bronce para Nayrole.
Mellor foron as cousas en categoría sub21 feminina coa victoria e medalla de ouro de Irene Delgado Ruiz que venceu á danesa Rosevinge Chri por 114-112. A madrileña de gran futuro é un ano menor que Gema, que de feito podería participar por idade nesta categoría pero xa leva anos competindo na categoría absoluta.
Na categoría masculina de recurvo sub21 medalla de plata para o andaluz Alvaro Salmerón que perdeu na final no desmpate (114-114. 10-8) ante o esloveno Klemen Strajhar.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios