PONTOIBO CELEBROU O SAN VICENTE

67

Esta fin de semana o barrio pontés de Pontoibo celebrou as súas tradicionais festas na honra de San Vicente, as primeiras do ano e unhas das de máis tradición e antigas do concello e arredores.
Este santuario situado preto da vila pontesa data de moi antigo, pois aínda que a capela foi reformada e ampliada no ano 1847, a imaxe de San Vicente ten máis antigüidade, calcúlase nuns cincocentos anos. A capela foi construída nunha zona onde apareceron restos primitivos doutras civilizacións, como un sarcófago situado á carón da capela. Nas últimas décadas sufriu reformas, aínda que a cubrición de parte do adro con uralita afea o entorno deste antigo santuario.
Pontoibo-0.jpg


Na xornada do sábado houbo misa, procesión, sesión vermú coa orquestra Emperadores, agrupación que repetiu actuación na verbena xunto ó grupo Aguazul.
O acto principal do domingo e o máis esperado polo numeroso público que acude a este santuario é a tradicional poxa de produtos do campo na que, como en anos anteriores, estivo de poxador un veciño do lugar, o popular e coñecido Salustiano Ameneiro, quen ós seus case 91 anos amosa unha sorprendente vitalidade e co seu humor fixo, unha vez máis, moi amena a poxa. Ó longo de máis de dúas horas o público foi mercando os numerosos produtos do campo entregados polos lugareños. A xornada festiva rematou coa música da orquestra Panamá.
SAN VICENTE MÁRTIR
Vicente de Zaragoza ou San Vicente Mártir foi un cura español, diácono de San Valero de Zaragoza, que foi preso e torturado por orde do emperador Diocleciano, morrendo o 22 de xaneiro do ano 304 ou 305. Os seus restos están depositados na catedral de Lisboa, da que é patrón, ademais de Valencia, Lucena del Puerto (Huelva), Zalamea la Real (Huelva), Molina de Segura (Murcia) e da cidade italiana de Vicenza.
As Pontes, 25 de xaneiro de 2010 (AF)
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg
Pontoibo-0.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios