Partidos das categorías inferiores do CD As Pontes

34

Importantísima victoria do equipo Xuvenil de Liga Nacional ante un rival directo, o Arousa, por 1 a 0. Tres puntos vitais para os azuis que agora mesmo son 14º con 18 puntos, empatados co Calasanz coruñés. Por detrás estarían Arousa, 17, Xuventu Aguiño, 16, Montañeros B, 13, E Choco, 9. Precisamente esta fin de semana xogarán contra o Xuventú Aguiño noutro choque directo por evitar o descenso. Carballo alineou de saída a Iván, Antón, Carlos, Fran, Juan, Junior, Tara, Xavi Pellón, Borja, Chus Cañizares e Fernando.
futbol_01.jpg


Victoria dos maiores contra o Foz 0-1 gracias ó gol nos últimos instantes de Jorge Parada. Siguen 4º, a 10 puntos do Dorneda, 9 do Betanzos e 4 do Mesón do Bento, anque cun partido menos. Este domingo reciben ó Val.
Por outra banda, na Liga Feminina, As Pontes e O Val xogaron este sábado os sete minutos que restaban por disputar do encontro correspondente á 15ª xornada celebrado o 3 de Xaneiro, que fora suspendido ós 83 minutos. Como o marcador estaba 1-2 nese momento saliu o As Pontes en busca do gol do empate con un prantexamento ofensivo por parte de Salido, pero foron as visitantes as que sentenciaron no último minuto tras falta dentro da área por cesión que se encargou de materializar Eva (1-3). O As Pontes sigue sexto e recibirá o vindeiro fin de semana ó colista Tordoia. Xogaron Leti; Paula, Jani, Crichy, Lara; Yaiza, Clara, Carliña, Carlota; Paty e Chipy.
O Xuvenil B perdeu 2-0 en Mugardos e marcha 12º na Liga con 16 puntos. Esta fin de semana descansarán os de Marcos Roca.
Os cadetes de Calpita perderon en Caranza contra os líderes por un incontestable 6 a 1. Marchan quintos con 32 puntos e a semana que ven recibirán ó Perlío
Pletórico o equipo infantil que este fin de semana despachouse cunha goleada 15-0 ante o Amistade de Meirás, e a falta de unha xornada suma todos os seus encontros por victoria, 17 en total. Sólo lles resta por xogar un partido ante o Numancia de Ares a domicilio.
O Alevín A gañou 4-2 ó Racing San Pedro no Poboado, son novenos e este sábado visitarán ó Ortigueira. O Alevín B venceu en Narón por 1-3. Son séptimos e este fin de semana recibirán o Cedeira.
O Benxamín A gañou 2-11 en Fene ó Perlío B, van en 6º posición e este sábado reciben ó Barallobre. O Benxamín B perdeu 1-5 tamén co Perlío, neste caso, co equipo A, marchan 14º, e no seu próximo encontro xogarán en Ortigueira.
O Prebenxamín A perdeu 5-2 co Ferrol e xogará este sábado co líder Ánimas. Van 5º clasificados. O Prebenxamín B descansou esta xornada e na vindeira visitará ó perigoso Caranza. Son novenos.
Nova cortesía de A.F.
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios