LIGA NACIONAL XUVENIL. AS PONTES 3 AREOSA 2

36

Importantísima e sufrida victoria do equipo xuvenil do CD As Pontes ante un rival directo, o Areosa, por 3 goles a 2. Rápidamente se adiantaron os locais tras unha xogada na que Borja sirve en bandexa a Cristian e este marca a pracer (8´), pero a raíz do gol os visitantes estiraronse e conseguiron empatar no 34´ e incluso mandaron un tiro ó longueiro dous minutos máis tarde.
AS PONTES 3 AREOSA 2


Na segunda metade ocasións para un e outro bando, Kilian tivo dúas boas oportunidades, e os pontevedreses mandaron un tiro o pau e Iván salvou tres man a man cos dianteiros rivais. Cando parecía que o encontro ía quedar en taboas, nun bo contragolpe, Borja sirve a Cañizares quen nada máis recibir marca (83´) de esplendida vaselina ante a que o porteiro non pode facer nada. Pero a dous minutos do final volveu empatar o Areosa nunha xogada desafortunada do equipo local. Xa no desconto Kilian marcou un golazo (91´) tras un centro chut desde a banda dereita que se cola na portería tras petar no pau e desata a euforia local, incluso Jandro e Chus puideron ampliar o marcador, pero en definitiva o As Pontes logra tres puntos vitais no seu longo camiño por evitar o descenso.
Carballo alineou no encontro que supuxo a volta ós terreos de xogo do gran Abeás tras superar a lesión, a Iván; Antón, Carlos, Fran (Borja Abeás 56´), Juan; Xabi Pellón, Cristian (Jandro 64´), Tara (Junior 45´), Borja, Chus Cañizares e Fernando (Kilian 56´). Arbitrou o encontro o colexiado ferrolán García Villaverde que amonestou con cartón amarelo a Abe.
Os xuvenís do As Pontes marchan 12º con 24 puntos e a semana que ven visitarán ó Cultural Areas.
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
AS PONTES 3 AREOSA 2
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios