CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

61

CD AS PONTES PREFERENTE: Vitoria cómoda do As Pontes na súa primeira visita oficial a Santaballa. Os ponteses gañaron por un claro 0-4 diante dun voluntarioso Santaballés que nada puido facer ante a superioridade e o mellor xogo do As Pontes. Marcaron os goles Dani Prieto (en propia meta), Jorge Parada, en dúas ocasións, e Álvaro de falta directa. O equipo das Pontes veuse beneficiado polos tropezos dos primeiros clasificados, xa que o Dorneda perdeu en Viveiro (2-0) e o Betanzos veuse sorprendido na casa polo Laracha (0-1). De gañar este mércores ó Sada, no partido que foi aprazado pola neve, o As Pontes empataría a 50 puntos co Betanzos, a un só do segundo, Mesón do Bento (51), e a catro do líder Dorneda (54).
futbol_01.jpg


CD AS PONTES FEMININO: Derrota (2-0) do conxunto feminino en Brión perante o Santa Minia nun partido que as pontesas, que continúan con importantes baixas nas súas filas, non estiveron moi acertadas no xogo sendo superadas por un Santa Minia que amosou mellor xogo e acerto de cara ó gol. Javier Salido aliñou a Leti, Paula, Nato, Jani, Alba, Lara, Clara, Carla, Carlota, Yaiza e Chipy. Tamén xogaron Iria e Andrea Cabarcos. Na vindeira xornada o As Pontes recibe no Poboado ó Pastoriza.
CD AS PONTES XUVENIL: O As Pontes xuvenil da categoría nacional segue en boa racha e este sábado gañou (3-2) a un rival directo, o Areosa de Vigo. Marcaron Cristian, Cañizares e Kilian. Pola súa banda, o xuvenil B empatou (0-0) na casa do Portuarios.
CD AS PONTES CADETE: Nova vitoria a domicilio dos cadetes que gañaron con claridade en Mugardos (0-4) con dous goles de Darío e outros dous do infantil Enrique, que foi convocado a este partido, posto que o seu equipo xa rematou a primeira fase da liga como campión imbatido do seu grupo.
CD AS PONTES INFANTIL: Rematou a primeira fase da liga.
CD AS PONTES ALEVÍN: Primeiro empate da liga do alevín B na casa do Eume Deportivo (2-2), con goles de Antón e Andrés. Derrota no Poboado do conxunto A diante do líder Meirás (1-5). O tanto da honra foi marcado por José Luis.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Xornada positiva para os equipos da categoría benxamín, pois o cadro A gañou ó ata agora líder, Portuarios, por 6-4 (marcaron Bruno, Eloy e Alberte, con dous goles cada un), mentres que o conxunto B empatou en Neda a tres tantos (goles de Alejandro, Mateo e José Adega).
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Nada puido facer o As Pontes B diante do primeiro clasificado, Racing San Pedro, equipo que gañou por un claro 0-10. Pola súa banda, o As Pontes A empatou (2-2) en Ares perante o Numancia, con goles de Xoel Pena e Nono.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: CD SANTABALLÉS – CD AS PONTES (0-4)
XUVENIL NACIONAL: CD AS PONTES – CD AREOSA (3-2)
XUVENIL COMARCAL: SD PORTUARIOS – CD AS PONTES (0-0)
FEMININO: SANTA MINIA BRIÓN – CD AS PONTES (2-0)
CADETE: Gª MUGARDOS – CD AS PONTES (0-4)
INFANTIL: Rematou a primeira fase da liga
ALEVIN A: CD AS PONTES A – MEIRÁS (1-5)
ALEVIN B: EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES B (2-2)
BENXAMIN A: CD AS PONTES A – SD PORTUARIOS B (6-4)
BENXAMIN B: SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES B (3-3)
PREBENXAMIN A: SD NUMANCIA ARES – CD AS PONTES A (2-2)
PREBENXAMIN B: CD AS PONTES B – RACING SAN PEDRO (0-10)
LIGA DE VETERANOS
Esta fin de semana disputouse a 15ª xornada da liga de veteranos con estes resultados:
La Galaxia FS – Farmavida (0-2)
Mobles Eume – Xuntanza (3-2)
MMYPEN – Los Bidones (0-2)
Frutería Luis – A Cepa (0-7)
As Pontes 74 – C. Guerreiro (0-1)
A clasificación está encabezada por Farmavida, con 28 puntos, seguido de Construcións Guerreiro (26 puntos), Santaballés (25), A Cepa (22), As Pontes 74 (21), Frutas Luis (19), Mobles Eume (16), Xuntanza (14), Los Bidones (8), La Galaxia (6) e ocupa a derradeira posición MMYPEN con tres puntos.
Con tres goles marcados nesta xornada, segue liderando a táboa de goleadores Fernández (A Cepa), con 19 tantos. Toni (Mobles Eume) leva marcado 12, nove Vila (As Pontes 74), Iván (Santaballés) e Mariño (Farmavida).
O vindeiro sábado 13 dispútase a xornada suspendida pola neve con estes enfrontamentos:
MMYPEN – La Galaxia (18,00)
Xuntanza – A Cepa (19,00)
As Pontes 74 – Santaballés (20,00)
Mobles Eume – Farmavida (21,00)
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios