PREFERENTE: CD AS PONTES – SPORTING SADA (3-0)

417

O As Pontes non tivo problemas para impoñerse ó Sp. Sada (3-0) en partido da 19ª xornada, que fora aprazado pola neve, disputado na noite de onte mércores diante duns cen espectadores que acudiron ó campo do Poboado a pesar do intenso frío.
CD-As-Pontes-2009-10.jpg


O As Pontes gañou con claridade este compromiso diante do Sada e acadou os tres puntos que lle permiten subir á terceira posición cos mesmos puntos que o Betanzos e a un do segundo clasificado, Mesón do Bento, e a catro do líder Dorneda. A primeira parte estivo nivelada pero con poucas ocasións para os dous conxuntos. Salientar nestes primeiros corenta e cinco minutos unha de Luismi que o meta Kiko rexeitou a córner e por parte do As Pontes o tanto de Carba, quen nun intento de centrar o seu lanzamento sorprendeu por alto ó porteiro visitante. A segunda parte foi de total dominio dos ponteses deixándose notar a diferenza dun e outro equipo. A primeira ocasión sería para Álex Díaz. Sen embargo, sería o defensa Jorge quen aproveita o rexeite de Adri, logo dun disparo de Bossa, para marcar o segundo gol. Uns minutos despois Bossa, de penalti, marca o definitivo 3-0. De aí ó final intenso dominio local, pero o marcador non se movería a pesar de que houbo claras ocasións.
Este domingo o As Pontes volve a xogar no Poboado diante do Castro, conxunto situado na metade da clasificación e leva oito xornadas sen gañar, un empate e sete derrotas.
CD AS PONTES: Kiko, Esmorís, Jorge, Chote, Manel, Dani, Iván González (Suso Peña, 79), Carba (Álex Díaz, 46), Parada, Bossa (Troncho, 75) e Álvaro (Pablo, 64).
SP. SADA: Adri, Calvo, Jorge, Ferreiro, Pedro, Fede, Luismi (Víctor, 66), Mariano, Diego, Claudio e Rivadulla (Gonzalo, 76)
ÁRBITRO: Veiga López, auxiliado por Cortés e Feijoo (Lugo). Amoestaron a Troncho, do As Pontes, e Adri e Jorge, do Sada.
GOLES: Min. 41 (1-0), Carba. Min. 64 (2-0), Jorge. Min. 69 (3-0), Bossa, de penalti.
Nova cortesía de A.F.
Carballeira-dianteiro.jpg
Bossa-medio.jpg
Jorge-defensa.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios