O ESTEO-PORTO DE CELEIRO 5-4

78

Vitoria moi apretada dun Esteo que se foi ó descanso cun marcador moi favorable e que incluso nos primeiros compases da segunda parte incrementou. Sen embargo, logo do 3-0 complicóuselle o partido, xa que os de Viveiro remontaron ata poñerse por diante cun inquietante marcador de 3-4 a falta de catro minutos para o remate do encontro. Os ponteses souberon reaccionar a tempo e nos minutos finais do partido o goleador Noé logrou o definitivo 5-4 con dous goles, un resultado por outra banda merecido, xa que o Esteo foi o mellor e o que mellor xogo creou sobre a pista do pavillón da Fraga. Con estes tres puntos os ponteses seguen liderando a clasificación do grupo galego da primeira nacional B.


O ESTEO: Javichu, Anxo, Gerardo, Jaime, Noé -cinco inicial- Diego, David, Fran, Juan e Pellón.
PORTO CELEIRO: Álvaro, Xoel, Fran, Xico, Borja -cinco inicial- Girón, Sombri, Funfi, Pulido e Paxi.
ÁRBITROS: Remeseiro López e Menéndez Nistal (A Coruña). Amoestaron a Javichu, Diego, David, Xoel e Xico.
GOLES: Min. 10 (1-0), David. Min. 19 (2-0), Noé (dobre penalti). Min. 27 (3-0), Fran. Min. 29 (3-1), Girón. Min. 30 (3-2), Borja. Min. 33 (3-3), Girón. Min. 36 (3-4), Fumfi. Min. 37 (4-4), Noé. Min. 38 (5-4), Noé.
Vitoria mínima do Esteo contra o Porto de Celeiro (5-4). Ó descanso os locais gañaban por 2-0. Uns douscentos espectadores asistiron a este interesante partido no pavillón municipal da Fraga.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios