Santiago de Compostela vibra co espectáculo do fútbol sala

44

Esta fin de semana disputouse na capital galega a Copa de España de Fútbol Sala na que se deron cita os oito primeiros clasificados da mellor Liga do Mundo, 13 dos 14 xogadores da selección española Campiona de Europa hai dúas semanas en Hungría e os mellores xogadores da selección brasileña campiona do mundo (agás Lenisio e Falcao). O Lobelle de Santiago venceu nas semifinais ó campión de Europa e Interconinental, Inter Movistar, por 3-1, e xogou a final o domingo en un abarrotado Multiusos Fontes do Sar (6000 espectadores) ante El Pozo de Murcia, que se desfixo á súa vez do FC Barcelona (7-1). Nun partido vibrante, e con empate a 2-2 no marcador, Alemao tira, a Juanjo escapaselle o balón entre as mans e cando o volve a coller xa traspasara a liña, pero os árbitros non deron validez a un gol legal a todas luces. Xa nos instantes finais o Lobelle achucha, incluso Alemao manda un balón ó longueiro a falta de 30 segundos, pero hai que recurrir á prórroga, e como xa acontecera hai un mes na final da Supercopa en Vigo, os murcianos fixeron valer a súa experiencia e levaronse o gato á auga cun golazo de Mauricio (2-3), deixando ós santiagueses coa mel nos beizos por segunda vez consecutiva.
futbol_sala_01.jpg


Paralelamente á Copa de España tamén se disputou o Campionato de España sub20, e aquí si que Galicia se proclamou campiona. A selección galega plantouse na final tras gañar a Asturias (4-0), Aragón (4-1) e Castela León na semifinal (8-4), pero non o tiveron fácil os discípulos de Santi Valladares no partido decisivo ante a sorprendente selección de Melilla (que en semifinais venceu a Cataluña nos penaltis). Comezaron perdendo 0-1, e gracias, o porteiro Brais estivo excelente, xa na segunda metade remontaron 2-1 con goles de Iago e Diego, pero Melilla volveu a empatar (2-2). Nos últimos minutos o destino premiou a valentía galega de sacar ó porteiro-xogador, e en apenas un minuto Galicia puxose cun 4-2 (outra vez Iago e Diego) que semellaba ser definitivo, pero Melilla nunha xogada afortunada situaba o 4-3 no eléctronico e houbo que sufrir ata o final pero Galicia acabou gañando e así revalidou o título conseguido o ano pasado. Formaron a selección 1 Brais García (Burela), 2 Álvaro Velasco (Coruxo), 3 Iago Míguez (A.Lugo), 4 Rubén García (Burela), 5 Manuel Jiménez (Burela), 6 Héctor Garrote (L.Santiago), 7 Diego Quintela (L.Santiago), 8 Jandri Miguez (A.Lugo), 9 Antonio Diz (A.Lugo), 10 David López (O Parrulo), 11 Santi Valladares (L.Santiago) e 12 David Rouco (P.Celeiro).
Nova cortesía de Xose Ferreiro
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg
futbol_sala_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios