Dispoñible o OpenOffice.org 3.2 en galego

68

Lendo mancomun.org:
“A semana pasada, logo dunha longa fase de probas e correccións de erros que levou a que se publicaran ata 5 versións candidatas, por fin está dispoñible oficialmente o OpenOffice.org 3.2. Como xa informamos nas anteriores versións de probas, é posible descargalo en galego dende as seguintes ligazóns:
Windows
Linux (RPM)
Linux (DEB)
Ou nesta ligazón para buscar a descarga para outros sistemas operativos ou idiomas.”…


Entre as melloras que incorpora esta nova versión, destacan, en xeral, a mellora nos tempos de arranque, ata un 46% máis rápido que na versión 3.0 e o esforzo por mellorar a interoperabilidade dos formatos e adaptarse e ser o máis fieis posible ao estándar ODF. Neste sentido tamén é salientable o esforzo realizado para mellorar o recoñecemento e compatibilidade cos formatos propietarios de MsOffice XML, sobre todo no relativo a formatos protexidos con contrasinal e a documentos cifrados.
En canto ás melloras de cada un dos aplicativos individuais que conforman esta suite, destacan as seguintes:
* Writer: a integración con Mediawiki xa non vén incorporada no programa, senón que é unha extensión, o que permitirá mellorala, ou corrixirlle erros, sen necesidade de agardar polas novas versións da suite completa.
* Calc: melloras na xestión dos bordes de celda, aplicables agora a seleccións múltiples, melloras nas conversións numéricas a cadeas e no autocompletado permitindo a adicción se o número está escrito sen espazos, o que permitirá completar direccións IP do tipo 10.0.0.1 que seguirá por 10.0.0.2 de forma automática.
* Impress y Draw: agora é posible incluír comentarios para facilitar o traballo colaborativo e engadiuse un contador de páxinas.
* Base: As melloras neste aplicativo centráronse na personalización do asistente para crear as bases de datos, nas copias das consultas entre distintas bases de datos, na integración das opcións de zoom no menú e na importación de bases de datos.
* Chart: incorporouse a posibilidade de realizar gráficos con globos e mellorouse en xeral a usabilidade do aplicativo.
Calquera comentario, suxestión, erros que atopedes na tradución … podedes achegalos a través da rolda de coordinación oficial da tradución ao galego de OpenOffice.org.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios