CELULOSA: O PSOE GALEGO DESMINTE AO ALCALDE DAS PONTES

89

Nota de prensa da Asamblea Local do BNG:
Case que rematado o entroido, o Alcalde das Pontes está a perder a careta coa axuda dos seus propios compañeiros de partido.
A responsábel de Medio Ambiente do PsdeG, e anterior Conselleira de Pesca, ven de afirmar que no traslado de Ence para As Pontes non se chegou a un acordo ao non se conformar a empresa coa proposta da Xunta, feito que tamén debería saber o Alcalde xa que, segundo el, é o responsábel de Industria do mesmo partido.


Para o BNG, a situación é moi grave: o actual Alcalde das Pontes aproveitouse de información privilexiada, non pública, para facer uso dela no seu beneficio na campaña das municipais de 2007, sen importarlle que a negociación non estivera rematada. Unha vez na Alcaldía, e xa coñecedor do non acordo, intentou responsabilizar á Consellaría nacionalista de Industria e ao Concurso Eólico do fracaso da súa irresponsábel e incumprida promesa.
A compañeira de partido do Alcalde ven de reafirmar aquel dito que fai referencia ao coxo e ao mentiroso. E as veciñas e os veciños das Pontes xa saben, hoxe aínda máis, que o Alcalde non é coxo.
As Pontes, 17 de febreiro de 2010
Asemblea Local do BNG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios