Club de Montaña O Caxado

30

O día 13 dous compañeiros do Club de Montaña foron ata os Ancares par completar unha saída que non poideran rematar nun intento anterior por causa do mal tempo, isto é o que nos contaron.
Esta vez si.
Desde As Pontes dirixímonos en coche cara o Piornedo, alí collemos cara Suarbol, e, máis adiante, ata o cruzamento onde sae a estrada que vai a Balouta. Neste cruzamento deixamos o coche, preparamos a mochila e o material, son as 10 da mañá. Comezamos a camiñar pola estrada que sobe a Porto de Ancares (1648 m). Pouco antes de chegar ao alto de Porto Ancares, desviámonos da estrada e dirixímonos cara un pequeno refuxio que hai. Xa polo monte, ou mellor dito pola neve e o xeo, chegamos ao refuxio para pór crampóns, polainas e xa empezar a camiñar fóra do asfalto. A partir de aquí o resto do camiño será xa pola neve e o xeo e que segundo subíamos aumentaba en dureza e cantidade. O dia estaba abraiante pois estaba despexado e ía un sol espléndido, aínda que de vez en cando aparecía algún banco de brétema pasaxeira, que logo desaparecía para deixarnos boas vistas: cara un lado Balouta, no outro o vale de Tejedo de Ancares, alén de outros picos nevados limítrofes, o encoro de Barcena, Ponferrada, os Montes Aquilianos e algo da zona de Somiedo.

montana_1.jpg


Logo de diferentes subidas e baixadas polos montes que tiñamos no noso camiño e algunha zona un pouco complicada para pasar, polo xeo e os desniveis, achegabámonos ao noso destino que era o pico Miravalles (1971 m). Este tiñámolo pendente doutra saída anterior co clube,e que esta vez estabamos a poucos metros de chegar enriba…veña! A maldita néboa volta aparecer, o que non impediu que chegáramos ao cumio, pero carallo podía ter agardado un pouco, pois foi o único momento en todo o día, no que nos colleu no medio.
Foto de rigor, descanso de 10 minutos e volta polo mesmo vieiro. En total uns 16 km, ás 6 da tarde no coche para voltar ás Pontes. Xa fixemos sitio para un bo lacón con grelos, freixós e viño para o domingo na feira.

Nova cortesía de Chucho
montana_1.jpg
montana_1.jpg
montana_1.jpg
montana_1.jpg
montana_1.jpg
montana_1.jpg
montana_1.jpg
montana_1.jpg
montana_1.jpg
montana_1.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios