LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 5 PABELLÓN DE OURENSE B 1

74

Contundente victoria e tres valiosos puntos pra o equipo xuvenil no partido disputado hoxe á tarde no Campo do Poboado.
Xa ó descanso se foron os de Carballo cun marcador moi favorable de 3 a 1, goles de Borja, Xabi Pellón e Abeás, e no segundo tempo os goles de Cristian e Cañizares de penalti sentenciaban o encontro, e moito máis ó quedarse os rivais cun home menos no campo. O resultado aínda puido ser máis amplio, pero en definitiva tres importantes puntos que deixan ó As Pontes 11º con 27 puntos, e por detrás estarían San Roque (26), Areosa (23), Calasanz (19), Aguiño (19), Arousa (18), Montañeros B (14) e Choco (13). É moi probable que esta tempada descendan 5, 6 ou incluso 7 equipos, co cal prantexase unha dura loita ata o final por salvar a categoría, si ben o xuvenil mellorou moito a súa imaxe dende o comezo da tempada. Xogaron Iván (Marcos 69´), Antón, Carlos, Borja Abeás, Juan, Xabi Pellón (Toti 73´), Borja (Jandro 64´), Junior, Cañizares, Cristian (Tara 53´) e Fernando (Kilian 50´).
futbol_xuvenil_01.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios