CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

47

CD AS PONTES PREFERENTE: Por primeira vez no que vai de campionato o CD As Pontes colócase na primeira posición despois da súa vitoria en Monforte diante do Lemos (0-1) cun maxistral gol de Bossa ó marcar directamente dun lanzamento de córner. Estes tres puntos e o empate do Dorneda na casa (0-0) diante do Boiro fan que os ponteses encabecen a clasificación en solitario con 56 puntos, seguido do Dorneda (55), Mesón do Bento (54) e Betanzos (53). Na vindeira xornada recibe no Poboado ó Dubra.
futbol_01.jpg


CD AS PONTES FEMININO: Xornada de descanso. A vindeira fin de semana o CD As Pontes disputa o derradeiro partido da liga na Pobra do Caramiñal diante do Crocha BP.
CD AS PONTES XUVENIL: O As Pontes xuvenil da liga nacional continúa na zona media da táboa despois da súa ampla vitoria sobre o Pabellón B de Ourense (6-1), con goles de Borja, Xavi, Abeás, Cristian e Cañizares (de penalti). Sen embargo, os de Carballo deberán seguir nesa liña de bos resultados para manter a categoría, pois ós catro que descenden haberá que sumar dous ou tres equipos galegos que ocupan postos de descenso na división de honra ou están en zona de perigo, nestes momentos o Lugo, Pabellón de Ourense e Rápido de Bouzas. Pola súa banda, o xuvenil B caeu en Meirás por un claro 4-1.
CD AS PONTES CADETE: Cuarta vitoria consecutiva do conxunto cadete nesta xornada no campo de Sinde diante do Val (1-2), con tantos marcados por Juan e Darío. O equipo que adestra Calpita continúa na cuarta posición con 42 puntos dunha clasificación que encabeza o Cedeira con 61 puntos.
CD AS PONTES INFANTIL: O equipo infantil comezou con bo pé a segunda fase da competición gañando na primeira xornada ó Val por un claro e contundente 6-0, con Diego en plan goleador, xa que marcou catro tantos, mentres que Enrique foi o autor dos outros dous. Logo desta primeira xornada o As Pontes é líder con tres puntos, os mesmos que ten o Meirás que gañou en Cariño (2-5), mentres que Eume e Racing de Ferrol teñen un punto cada un despois do empate a 2-2 en Ferrol.
CD AS PONTES ALEVÍN: Xornada positiva para os dous conxuntos de categoría alevin, pois o equipo A goleou no Poboado ó Canido (7-0). Marcaron José (3), Dani (2), Raquel e Carlos. O conxunto B empatou (1-1) na casa do Galicia de Caranza D, sendo Adrián o autor do tanto pontés. O alevin A continúa de noveno con 10 puntos mentres que o As Pon tes B é sétimo con vinteseis.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Derrota dos benxamíns. O conxunto A, pese a facer un bo partido, perdeu diante do Eume Deportivo por 3-5 (goles de Manu, Sergio e Cazás), mentres que o As Pontes B perdeu en Cedeira por 5-2 (goles de José Adega e Chema). O As Pontes A continúa na quinta posición con 35 puntos e o As Pontes está na 14ª posición con catorce puntos.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Vitoria e derrota na categoría prebenxamin. O As Pontes A gañou en Mugardos por 2-4 (con 3 goles de Nono e un de Xoel Pena), mentres que o equipo B sufriu unha severa derrota no Poboado diante do Racing de Ferrol B (0-10). Despois desta xornada o As Pontes A aube á cuarta posición con 25 puntos e o As Pontes B ocupa a décima praza do seu grupo con tres puntos.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: CLUB LEMOS – CD AS PONTES (0-1)
XUVENIL NACIONAL: CD AS PONTES – PABELLÓN OURENSE B (6-1)
XUVENIL COMARCAL: MEIRÁS CF – CD AS PONTES (4-1)
FEMININO: Xornada de descanso
CADETE: SD O VAL – CD AS PONTES (1-2)
INFANTIL: CD AS PONTES – SD O VAL (6-0)
ALEVIN A: CD AS PONTES A – SCD CANIDO (7-0)
ALEVIN B: Gª CARANZA D – CD AS PONTES B (1-1)
BENXAMIN A: CD AS PONTES A – EUME DEPORTIVO (3-5)
BENXAMIN B: SD CEDEIRA – CD AS PONTES B (5-2)
PREBENXAMIN A: Gª MUGARDOS – CD AS PONTES A (2-4)
PREBENXAMIN B: CD AS PONTES B – RACING FERROL B (0-10)
LIGA DE VETERANOS
A loita polo título na liga de veteranos está que arde con tres equipos empatados a puntos logo da vitoria pola mínima de Construcións Guerreiro sobre Farmavida, quen dominou máis pero non tivo sorte de cara ó gol. Quen segue sen coñecer a vitoria despois de dezaseis xornadas é o conxunto de La Galaxia, que nesta xornada foi goleado polo Santaballés. Os resultados desta 16ª xornada foron os seguintes:
Construcións Guerreiro – Farmavida (1-0)
Xuntanza – MMYPEN (4-1)
Santaballés – La Galaxia (4-0)
Los Bidones – Frutas Luis (1-2)
As Pontes 74 – Mobles Eume (2-4)
Descansou: A Cepa
Como sinalamos, está moi disputada a loita polo título con tres equipos empatados na primeira posición con 29 puntos, Farmavida, Santaballés (cun partido máis) e Construcións Guerreiro. A catro puntos (25) está A Cepa, seguido de As Pontes 74 e Frutas Luís con 22 puntos, Mobles Eume, 20 puntos; Xuntanza, 17 puntos; Los Bidones, 8 puntos; La Galaxia, 7 puntos e na derradeira posición MMYPEN con catro puntos
Continúa liderando a táboa de goleadores Fernández (A Cepa), con 20 goles, seguido de Toni (Mobles Eume), con 14, Vila (As Pontes 74), con 11 goles, e Iván (Santaballés), con 10 goles. Luis Pico, de Farmavida encabeza a lista do porteiro menos goleado.
A vindeira fin de semana dispútase a 17ª xornada cun interesante choque entre e primeiro e o segundo clasificados, Farmavida e Santaballés. Na primeira volta o resultado fora de empate a dous goles. Completan a xornada estes enfrontamentos:
Mobles Eume – Construcións Guerreiro
Frutas Luis – Xuntanza
MMYPEN – As Pontes 74
La Galaxia – A Cepa
Descansa: Los Bidones
Nova cortesía de A.F.
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios