Nota de Prensa CIG: Creación de emprego en As Pontes

89

Como xa vén sendo habitual no Alcalde de As Pontes, ante a proliferación de noticias negativas que afectan ao emprego e diante da manifestación que maña ten convocada a CIG-As Pontes, volve a saír nos medios de comunicación parabenizando o futuro industrial deste pobo e, nesta ocasión, faino cun claro interese desmobilizador.
Mais esta vez, nun despropósito total, menciona como proxecto de futuro á filial do Grupo Acebrón, Acecal, que segundo el é o que maior emprego xeraría; mais non di que ese mesmo Grupo Acebrón está agora mesmo nun proceso de redución de persoal e, de feito, xa ten anunciado a realización de despedimentos ou dun Ere.
Xa son moitas as veces que dende a Alcaldía de As Pontes se anuncian proxectos e danse cifras de creación de emprego que logo non se cumpren. Por iso temos que lembrarlle que el chegou ao Goberno Municipal prometendo a creación de 1.500 postos de traballo e, dende que el goberna, As Pontes ten 350 parados/as máis.
As Pontes, 22 de febreiro de 2009

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios