Club de Xadrez As Pontes

73

O Sabado día 20 disputouse a 6ª rolda da liga galega de xadrez. Nesta ocasión recibiamos á Escola Ferrolá “A” que veñen sendo as categorias inferiores do grupo Bazán. O resultado final foi de Xadrez As Pontes 3 – Escola Ferrolá 1. Aínda que a priori semellaba que ía ser un partido facil e aínda que o resultado parece confirmalo, a realidade é distinta pois as partidas resolveronse despois de discurrir con moita igualdade. A Escola Ferrolá está formada por rapaces moi novos que de ano en ano progresan moitisimo, mesmo a rapaza que fixo o punto deles no 3º taboleiro, Inés Prado Acebo, ven de gañar o Torneo Galego Sub 14 en Pontedeume a pasada semana.
A proxima rolda xogaremola en Ferrol contra o Círculo Ferrolano “C”, outro equipo de rapaces capaces de sorprender a calquera.


Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios