Dous futbolistas do CD As Pontes no primeiro partido oficial da selección de Ferrol ante A Coruña

99

Os futbolistas do CD As Pontes Ismael López Álvarez, lateral dereito, e Francisco Prieto Chao “Totti”, central, xogarán coa selección de Ferrol sub17 no primeiro dos partidos do Trofeo Caixa Galicia 2010 que se levarán a cabo este mércores no campo de A Gándara. O partido sub17 e sub15 xogarase ás 16:30, quedando para as 17:00 o alevín sub12.
Hai que resaltar que este ano a selección de Santiago competirá no Grupo Sur xunto a Vigo, Pontevedra e Ourense, polo tanto no Grupo Norte tan so están encadrados A Coruña, Lugo e Ferrol. Os campións de cada grupo enfrontaranse nas finais que se levarán a cabo no mes de Maio ou Xuño.


Os convocados son:
Selección Sub17:
Galicia de Caranza CF: Ismael Pedreiro, Alejandro Amil, Pablo Teijeiro, Boris Pico, Manuel Sánchez
Racing de Ferrol SAD: Diego Bañobre, Pedro Garrote, Diego Fernández, Adrián Priegue
CD As Pontes: Francisco Prieto, Ismael Lopez
UD Cebarca: Ismael Prieto
Eume Deportivo: Óscar Ares
SD Rápido de Neda: Yon Badiola
SRD Portuarios; Yosu Mbae
SD O Val: Iván Baamonde
Selección Sub15:
Racing de Ferrol SAD: David Rodríguez, Martín San Claudio, Pablo Gayoso, Guillermo Chamorro, Martin Hendrix, Noel Pazos
SRD Portuarios: Ángel Villar, Adrián Patiño, David López, Aitor Díaz
Galicia de Caranza CF: Antonio Iglesias, Kevin Muiño
Cedeira SD: Daniel Rodríguez, Antonio Rodríguez
Eume Deportivo: Francisco Seijas
Selección Sub12:
Galicia de Caranza CF: Víctor Freire, Aarón Rey, Javier Miragaya, Carlos Leal
Meirás CF: Hugo Bahamonde, Francisco Ramos, Borja Alvariño
Racing de Ferrol SAD: Aitor Pascual
SD Ánimas: Unai García
Galicia de Mugardos: Joao Pedro Moreira
Numancia de Ares SDR: Carlos Vázquez
CD San Sadurniño: Francisco Casas
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios