CD AS PONTES: SUSPENSIÓN DE PARTIDOS NA XORNADA DO SÁBADO 27 DE FEBREIRO

63

“Nota da Federación Galega de Fútbol: Ante a alerta vermella decretada para toda Galicia na xornada do sábado día 27 do presente mes a Federación Galega de Fútbol suspende toda clase de actividade deportiva programada para esa data”.
En vista desta circular federativa o Club Deportivo As Pontes suspendeu tódolos partidos que se ían xogar mañá sábado nas instalacións deportivas do campo do Poboado, dende a categoría prebenxamín a xuvenil, así como tódolos encontros que os distintos equipos da entidade pontesa ían xogar fóra, incluido o da liga nacional xuvenil Val Miñor-As Pontes.


De momento no foron suspendidos os partidos do domingo, polo que o conxunto feminino viaxará á Pobra do Caramiñal para enfrontarse ó Crocha BP na derradeira xornada da segunda autonómica e o cadro da preferente tamén mantén o horario previsto (domingo, 17,00) para disputar o partido contra o Dubra no Poboado.
Igualmente foron suspendidos os encontros correspondentes a décimo sétima xornada da liga de veteranos.
suspension.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios